Archivo (6 del 2019)

Buscador

Noticias

No marco do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional de Galicia (FEDER Galicia) 2014-2020 aprobáronse ata o pasado 31 de decembro máis de 2.000 operacións por un importe de 683 millóns de euros, o que supón case o 60% do total programado, que son 1.142 millóns. Así se puxo de manifesto na reunión que celebrou en Santiago o comité de seguimento do programa operativo de FEDER Galicia, onde se deixou patente que co desenvolvemento destas actuacións se está consolidando o progreso autonómico cun modelo de crecemento intelixente, sustentable e integrador, en liña coa Estratexia Europa 2020.
Ponse en marcha da Axenda de Impulso da Industria Forestal 2019-2021 co fin de modernizar o tecido empresarial deste sector; estimular a demanda e fomentar a utilización da madeira nas novas construcións e contribuír á creación dunha sociedade sustentable, baixa en carbono e baseada no emprego verde e no consumo de produtos locais. A Axenda da Industria Forestal contará cun investimento de 54 millóns de euros que prevé mobilizar máis de 125 M€. En concreto, destinaranse 14M€ á formación, 8M€ a configurar un ecosistema de innovación, 1M€ á valoración e á cooperación e 31M€ á competitividade e á diversificación. No que respecta a súa elaboración, este plan conta coa participación das asociacións do sector forestal.
Hoxe foi presentado no Instituto Antonio Fraguas de Santiago de Compostela o proxecto-homenaxe "OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO". Ao acto asistiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, en representación da Xunta de Galicia; o director do Instituto Antonio Fraguas, Carlos Encisa; o deán da Catedral de Santiago, Segundo Pérez; Carolina Martínez en representación da familia de Antonio Fraguas, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz. Este proxecto está composto polo libro “Os nove anos de Fraguas en Lugo”, unha exposición itinerante, composta por doce paneis e a web fraguasenlugo.org, que recolle todas os contidos do libro.
Galicia é na actualidade a oitava rexión europea produtora de leite. O seu sector lácteo –que ten a consideración de sector estratéxico- produce arredor do 40% do leite de España e comprende máis da metade do total das explotacións lácteas españolas. Os máis de 7.000 gandeiros galegos facturan anualmente arredor de 800 millóns de euros e a produción de leite no 2018 chegou aos 2,8 millóns de toneladas, consolidando a Galicia como líder nacional indiscutible. Na actualidade, o selo Galega 100% tense acreditado como identificador dun produto da máxima calidade, que permite ao consumidor unha identificación fácil e sinxela, o que contribúe a poñer en valor este produto nos mercados.
As obras formarán parte de 'Galicia, un relato no mundo', a primeira gran mostra internacional da programación do Xacobeo 21, que se inaugurará o próximo novembro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia. O Liber Sancti Iacobi do Vaticano é, xunto ao orixinal de Santiago, un dos tres únicos códices calixtinos iluminados, o que permite observar detalles gráficos perdidos no orixinal compostelano, como é o propio rostro do emperador Carlomagno. Na Idade Media, realizáronse en Compostela diversas reproducións do Códice Calixtino co ánimo de propagar por toda Europa o culto e a peregrinación a Santiago, chegando a importantes centros de culto e intelectuais da época ao longo do continente.
Esta fin de semana terán lugar as Xornadas de Portas Abertas da Ruta dos Viños da Ribeira Sacra, dentro da oitava edición deste programa de enoturismo que se desenvolve nas cinco denominación de orixe galegas. Entre os días 14 e 16 de xuño abren as súas portas 11 adegas da Ribeira Sacra, oito delas na provincia de Lugo e tres na de Ourense, que ofrecen visitas guiadas e gratuítas e a posibilidade de degustar algúns dos mellores viños da denominación. Adhírense a estas xornadas algúns restaurantes nos que se pode escoller entre dous menús concibidos especialmente para a ocasión, maridados con viños da denominación de orixe.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro do Medio Rural, José González, e o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, presidiron a constitución do novo Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia (CIPIG) para este ano 2019. Este órgano estará operativo desde o 1 de xullo ata o vindeiro 30 de setembro, período establecido como época de alto risco de incendios forestais. Este comité ten como finalidade coordinar as actuacións da Xunta e do Goberno central en materia de prevención e loita contra os incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de sumar sinerxías e minimizar os danos ocasionados por esta lacra que afecta ao noso patrimonio forestal.
Nesta ocasión, fíxose balance do Reto 3, centrado en acadar un novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo. Sinalouse a importancia deste obxectivo dadas as características demográficas que ten a Comunidade galega, o significado que ten para a calidade de vida dos cidadáns e o potencial no sector agroalimentario. O que se busca é facer de Galicia unha rexión líder no sur de Europa na oferta de servizos e produtos relacionados cun modelo de vida saudable. Cabe destacar o protagonismo que ten Galicia no conxunto da Unión Europea a través doseus proxectos biotecnolóxicos, dado que a Comunidade é a terceira con máis empresas deste sector.
Odaiko e Compañía N+1 protagonizan as dúas estreas absolutas de Galicia Escena PRO, que poderán verse mañá en Santiago dentro do programa de exhibición da sétima edición do mercado galego das artes escénicas. A formación madrileña Rotura Producciones e as galegas La Macana e A Quinta do Cuadrante completan a carteleira da terceira xornada deste encontro, que organizan a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e a asociación empresarial Escena Galega. A xornada rematará na sala Riquela Club coa terceira e última Noitescena PRO, que ofrece un programa musical sorpresa do que poderán gozar todos os acreditados.
O achado dun vaso cerámico parcialmente conservado durante as escavacións de Cova Eirós (Triacastela, Lugo) permite achegar novos datos sobre o proceso de Neolitización da Fachada Atlántica e de Galicia en particular, tal e como reflicte un estudo recentemente publicado na revista Trabajos de Prehistoria. Tanto pola súa forma de botella como pola súa profusa decoración (realizada coa impresión dunha cuncha de berberecho, Cerastoderma edule), o recipiente lembra claramente a cerámica cardial, tan característica do rexistro arqueolóxico entre os primeiros grupos neolíticos do sur da Península Ibérica. As actuacións que levan desenvolvéndose desde o ano 2008 permitiron descubrir pinturas e gravados dun valor único e excepcional en Galicia.
« Anterior | 4  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (200)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES