Noticias

Celébranse esta fin de semana as VIII Xornadas de Portas Abertas da Ruta dos Viños da Ribeira Sacra

Esta fin de semana terán lugar as Xornadas de Portas Abertas da Ruta dos Viños da Ribeira Sacra, dentro da oitava edición deste programa de enoturismo que se desenvolve nas cinco denominación de orixe galegas. Entre os días 14 e 16 de xuño abren as súas portas 11 adegas da Ribeira Sacra, oito delas na provincia de Lugo e tres na de Ourense, que ofrecen visitas guiadas e gratuítas e a posibilidade de degustar algúns dos mellores viños da denominación. Adhírense a estas xornadas algúns restaurantes nos que se pode escoller entre dous menús concibidos especialmente para a ocasión, maridados con viños da denominación de orixe.

A Consellería de Cultura e Turismo celebrará esta fin de semana as Xornadas de Portas Abertas da Ruta dos Viños da Ribeira Sacra, dentro da oitava edición deste programa de enoturismo que se desenvolve nas cinco denominación de orixe galegas e no que a consellería inviste máis de 230.000 euros para a súa promoción ata 2021.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presentaron hoxe as actividades previstas para os vindeiros días, acompañados polo presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Viños da Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, e o presidente do Consorcio de Turismo e alcalde en funcións de Sober, Luís Fernández.

Entre os días 14 e 16 de xuño abren as súas portas 11 adegas da Ribeira Sacra, oito delas na provincia de Lugo e tres na de Ourense, que ofrecen visitas guiadas e gratuítas e a posibilidade de degustar algúns dos mellores viños da denominación.

Adhírense a estas xornadas algúns restaurantes nos que se pode escoller entre dous menús concibidos especialmente para a ocasión, maridados con viños da denominación de orixe, e complétase a experiencia coa posibilidade de realizar visitas guiadas a elementos de interese patrimonial e paisaxístico, como os canóns do Sil, o antigo túnel mineiro de Montefurado, os abundantes mosteiros e igrexas que dan nome á zona, ou os núcleos oleiros de Gundivós (Sober) ou Niñodaguia (Xunqueira de Espadañedo).

Entre outras propostas, tamén se inclúe unha ruta gratuíta polo románico do Pantón, o sábado día 15, de aproximadamente catro horas de duración visitando o Mosteiro do Divino Salvador, San Miguel de Eiré, Santo Estevo de Atán e San Vicente de Pombeiro con guía especializado. E todos os días, en distintos horarios, unha visita gratuíta ao Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra incluíndo unha degustación.

As persoas que o desexen poden optar por utilizar o Bus do Viño, un servizo de transporte e guía acompañante especializado na Ribeira Sacra cun programa de visitas concreto. Así, o sábado sairán buses dende Monforte de Lemos, Ourense e Lugo. O percorrido é distinto segundo o punto de partida, pero todos inclúen varias adegas e actividades complementarias (visitas a museos, mosteiros, un paseo en lancha polo Miño...). O domingo haberá saídas dende Monforte de Lemos e Ourense.

Nesta fin de semana celebran tamén as Xornadas de Portas Abertas as denominacións de orixe de Monterrei e Valdeorras, mentres que nas do Ribeiro e as Rías Baixas realizáronse entre o 7 e o 9 de xuño. En total, participan neste evento 67 adegas. O programa completo pode consultarse na páxina web das Xornadas das Rutas dos Viños.

Esta iniciativa enmárcase no compromiso do goberno galego por impulsar e poñer en valor o enoturismo na nosa Comunidade no que está a realizar un notable investimento, de 4,3 millóns de euros en diversas accións que inclúen, ademais da posta en marcha destas xornadas, tamén a sinalización turística das rutas, museos centrados no potencial enolóxico en Ribadavia ou no Condado de Tea, o impulso á posta en marcha do spa viñoterapia de Leiro ou a conservación dos lagares rupestres de Oímbra, entre outras actuacións ás que se suman o apoio ás numerosas festas de interese turístico arredor deste produto.

R., 2019-06-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (escola-infantil-galinaazul.jpg) Galicia pecha o 2025 sendo, por terceiro ano consecutivo, a comunidade coa ratio de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil máis alta do conxunto do país, segundo os datos oficiais do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Isto tradúcese en que o 64,3% dos nenos e nenas de entre 0 e 3 anos galegos acoden a unha escola infantil, unha cifra que se sitúa 15 puntos por enriba da media nacional (que é do 49,2%). Neste sentido, a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, lembra que estes datos tan positivos son un exemplo do bo funcionamento das políticas de conciliación impulsadas pola Xunta.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello acordou hoxe iniciar os trámites para a posta en marcha da primeira Estratexia de Innovación Empresarial de Galicia 2026-2028 coa que se prevén mobilizar máis de 400 millóns de euros. O obxectivo é dotar de maior competitividade ao tecido produtivo e situar a innovación no centro do desenvolvemento económico da comunidade. Esta medida enmárcase na aposta da Xunta por fomentar a innovación entre as empresas galegas. 'Se queremos un tecido produtivo moderno e competitivo, a innovación ten que formar parte indisoluble do seu día a día', resaltou.

Notas

O Museo virtual de iconografía de Rosalía de Castro nace como primeiro espazo dixital integramente dedicado á iconografía rosaliana, pensado tanto para a investigación como para a divulgación e a educación patrimonial. O percorrido organízase en torno a un extenso e heteroxéneo corpus de fontes visuais que abrangue desde o século XIX ata a actualidade, o que permite rastrexar distintos réximes de representación e estratexias de memorialización.
A investigadora Beatriz Galindo, Inmaculada Jennifer Gómez, do grupo Nanoself do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da UDC, recibiu este luns o Premio de Investigación Ángeles Alvariño do Concello de Ferrol polo traballo 'Nanomateriais sostibles para unha biomedicina do futuro: terapias avanzadas contra o Alzheimer e valorización de residuos'.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES