Archivo (2 del 2019)

Buscador

Noticias

A décimo quinta edición de Play-Doc, Festival Internacional de Cinema de Tui, que se celebrará do 3 ao 7 de abril, anuncia un interesante programa de actividades paralelas enfocadas á formación e ao diálogo con diferentes disciplinas artísticas. Baixo o título 'Eppur se muove (E, sen embargo, móvese)' o festival de cinema tudense propón un programa que conecta o traballo de cineastas e fotógrafos. Estas duas formas de expresión artística están a vivir un momento de especial efervescencia creativa, especialmente entre autores e creadores galegos. O obxectivo deste programa é establecer un diálogo entre ambas disciplinas. Nesta edición presentaranse, entre outros, os proxectos audiovisuais e fotográficos de Iván Nespereira, Tono Arias, Rubén Gasalla e Ariadna Silva.
Segundo as primeiras estimacións do Instituto Galego de Estatística sobre a evolución da economía galega no ano 2018, o dato de crecemento da Comunidade en 2018 foi do 2,8%, que está por riba da do Estado e da media da Eurozona, e que supuxo a creación de 19.000 empregos a tempo completo. Deste xeito, superáronse as previsións establecidas no Plan estratéxico para período 2015-2020 do 2,5% e cumpríronse as estimacións macroeconómicas do Goberno galego. O consumo, cun incremento do 2,2% con respecto ao ano anterior, a formación bruta de capital, cun 7% e as exportacións que avanzaron un 3,4%, son os principais responsables deste resultado.
O Altantic Emprende + Gaiás volve na súa segunda edición para analizar as transformacións no sector da música e da organización de festivais. O evento, que terá lugar o sábado 30 de marzo no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, combinará relatorios con expertos e expertas da industria musical, actuación de bandas como Mare Ladson o Mordem, exposicións de carteis realizados polo recoñecido deseñador catalán Xavi Forné (do estudio Error! Design), e un menú especial do cociñeiro Luis Veira, chef galego galardoado cunha estrela Michelin. Esta edición contará cunha exposición de carteis de grupos musicais deseñados por Xavi Forné, autor de pósters para bandas internacionais como Wilco, Mastodon ou The Black Keys.
Desde o venres día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2019/20, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles/as alumnos/as de Educación Infantil, de Educación Primaria de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles. O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse no DOG. Tal como queda reflectido na dita Orde, a solicitude de admisión poderase presentar ata o 20 de marzo.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe en Sevilla nunha xuntanza da comisión CIVEX do Comité das Rexións para coordinar o apoio a Libia en ámbitos considerados esenciais para as súas administracións rexionais e locais a través da cooperación das rexións e cidades europeas, que demostraron que dispoñen da experiencia política, capacidade institucional e capacidades técnicas necesarias para axudar aos seus homólogos libios. Na reunión de Sevilla participaron responsables políticos libios, representantes locais e rexionais europeos, membros do Comité Europeo das Rexións e de institucións europeas.
19.000 persoas se beneficiarán dun aumento na súa prestación de dependencia a partir da nómina correspondente ao mes de abril. En concreto, o aumento das contías será dun 10% para aquelas persoas que teñen a súa autonomía limitada e que son coidadas na casa por un familiar, dun 15% na axuda para contratar a un asistente persoal e no caso das achegas para pagar unha praza de residencia estas subirán un 20% para as dependencias de grao I e III, e un 75% para as dependencias de grao II. O Servizo de Axuda no Fogar se multiplicou por dez a súa extensión desde 2009 e hoxe son preto de 23.500 as persoas beneficiarias, igual que o programa Xantar na Casa, que leva o menú diario a máis de 1300 maiores.
A compañía galega Contraproducións e o Centro Dramático Galego (CDG) estrean este xoves no Salón Teatro de Santiago o espectáculo A compañeira de piso, desenvolvido co apoio da Xunta ao abeiro do programa de coproducións da compañía pública. As actrices Rebeca Montero e Patricia Vázquez poñen en escena a adaptación desta comedia da norteamericana Jen Silverman sobre dúas mulleres maduras que, con situacións contrapostas, se enfrontan a un importante cambio vital. Cándido Pazó e Belén Pichel dirixen esta proposta, que ultiman estes días co resto do seu equipo e co apoio técnico do CDG no Salón Teatro.
Carpe Diem, o novo espectáculo da compañía galega Producións Teatráis Excéntricas, estréase o vindeiro mércores 27 no Teatro Principal de Santiago, onde poderá verse ata o venres 1 de marzo dentro da programación que ofrece este espazo como integrante da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Esta é unhas das 10 montaxes que se presentan este semestre diante do público compostelán a través deste circuíto da Xunta de Galicia, cofinanciado entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e as entidades xestoras dos 40 espazos asociados. En Carpe Diem, Producións Teatráis Excéntricas leva ás táboas, por primeira vez en Galicia, unha obra do autor e cineasta brasileiro Rubem Fonseca, considerado o meirande escritor vivo en lingua portuguesa.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional lanza o II macrocuestionario on line sobre convivencia nas aulas, co fin de actualizar os datos obtidos na primeira edición deste cuestionario elaborado a finais de 2015 e que no seu momento serviu para obter, por primeira vez, unha radiografía da situación dos centros escolares de Galicia. Trátase, por tanto, de testar o pulso da convivencia de xeito continuado no tempo e coñecer a súa evolución, co obxectivo último de deseñar medidas específicas a prol da convivencia escolar que sexan o máis axeitadas á realidade existente.
Alfonso Rueda e Miguel Ángel Cadenas participaron hoxe na reunión da Comisión Mixta entre Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia onde amosaron a súa sorpresa polo decisión ministerial de non crear estes dous Xulgados na nosa comunidade, e tal e como indicou Alfonso Rueda, cos datos xa definitivos do Consello Xeral do Poder Xudicial de 2018, que non estaban pechados na proposta inicial, queda de manifesto unha vez máis que a xurisdición do Social en Santiago, Lugo e Vigo son os que máis precisan un novo órgano e que polo tanto a súa creación debe ser completamente prioritaria.
« Anterior | 1  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (172)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES