Archivo (12 del 2019)

Buscador

Noticias

Trátase dunha comisión de traballo no seo do Observatorio Galego contra a Violencia de Xénero para abordar pautas para a prevención e o tratamento das distintas formas de violencia sexual. Esta proposta foi unha das presentadas hoxe no Pleno do Observatorio Galego contra a Violencia de Xénero. Durante a xuntanza tamén se acordou dar continuidade ao grupo de traballo dedicado á abordaxe da violencia de xénero coa mocidade dende o ámbito educativo para acadar a erradicación da violencia machista dende a prevención. O obxectivo deste grupo é que os nenos e nenas e os adolescentes interioricen a igualdade como un valor esencial para a convivencia entre mulleres e homes.
Nesta infraestrutura, cuxo coste ascende a preto de 5 millóns de euros -1,57 millóns licitados a través da compra pública innovadora-, conflúen tres aspectos básicos imprescindibles para o desenvolvemento das operacións: seguridade, instrumentación e supervisión da operación, completando o CIAR que conta cunha área de 313 hectáreas, cunha pista de 1.200 metros de longo e 45 de largo e cun hangar de 40x40 metros. Deste xeito, e grazas ás infraestruturas desenvoltas, Rozas ofrecerá un servizo integral innovador e completo para a realización de ensaios de plataformas aéreas.
Redes colaborativas, consorcios e hubs de referencia internacional, dedicados ao descubrimento temperán de fármacos, analizan en Santiago de Compostela novas oportunidades e estratexias para o desenvolvemento deste sector chave no impulso da biotecnoloxía. O grupo BioFarma organiza este encontro en calidade de nodo coordinador das redes. “O obxectivo da xornada é a reflexión conxunta para manter e mellorar a colaboración eficiente dos investigadores españois entre si, cos doutros países europeos e nas estruturas supranacionais”, apunta Mabel Loza, coordinadora do grupo BioFarma.
Galicia é a segunda comunidade autónoma de España que aproba os seus Orzamentos para 2020, unha vez que as contas públicas recibiron hoxe o visto e prace no Pleno do Parlamento galego. Deste xeito, Galicia mantén un ano máis a normalidade do seu ciclo orzamentario, fronte á situación do Goberno central –que comezará o exercicio 2020 coas contas de 2018– e doutras comunidades que terán que prorrogar os seus presupostos. Os Orzamentos de Galicia para 2020 medran un 3% e ascenden a 10.149 millóns, 300 millóns máis que neste ano e 1.400 millóns máis que en 2016. As contas entrarán en vigor o vindeiro 1 de xaneiro, despois de que se publiquen no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Co obxectivo de consolidar as rutas do Camiño de Santiago na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e impulsar o seu aproveitamento sustentable como un recurso patrimonial cultural e natural transfronteirizo, Galicia acolle hoxe as primeiras accións do proxecto europeo Fazendo Camiño no que a Xunta participa xunto a Turismo Porto-Norte de Portugal, a Dirección Rexional de Cultura do Norte e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal. Ao abeiro deste proxecto, a Xunta asesorará ao país luso na súa xestión, sinalización, mantemento, promoción e divulgación ao redor do Camiño de Santiago. Fazendo Camiño foi aprobado no marco da segunda convocatoria do Programa Interreg V .
Presentouse no Pazo de San Roque a nova versión do Corpus Documental do Galego Actual, unha ferramenta lingüística en liña desenvolvida polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades representativa do uso lingüístico do galego actual. O Centro ten entre as súas finalidades fundacionais o deseño e o desenvolvemento de recursos informáticos que axuden á incorporación da lingua galega ao mundo das tecnoloxías da información e da comunicación, e o do CORGA é un dos proxectos de investigación que se centran en darlle cumprimento a este obxectivo. O CORGA é un corpus documental desenvolvido por medio dun convenio de colaboración coa USC, e integrado por distintos tipos de textos: xornais, semanarios, revistas, ensaios e textos de ficción.
O Xacobeo 2021 ofrecerá 10 actividades ao día e 313 escenarios ao longo de 2020 e 2021. Galicia vivirá así os primeiros 700 días dos 5.000 que temos por diante da década xacobea”. Baixo a previsión dunha asistencia a todos os eventos de máis de 7 millóns de persoas, se ben o escenario principal será Santiago, haberá outros 312 por toda a Comunidade, coa posta en marcha de máis de 180 proxectos nos que se inclúen máis de 7.000 actividades. Entre elas, tres grandes exposicións que debuxarán o Ano Santo desde unha perspectiva nunca vista, diversas publicacións, música, artes escécnicas, e un longo etcétera.
O Premio Artesanía de Galicia recaeu no ebanista Frank Buschmann (Corcubión) pola súa prensa de flores Monas, mentres que o Premio Traxectoria foi para o oleiro Agustín Vázquez, de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo) e a Bolsa Eloy Gesto para Minia Banet, do estudio Variopinto (Santiago de Compostela). Os Premios Artesanía de Galicia buscan contribuír a poñer en valor o sector artesán galego, así como a divulgar o traballo dos profesionais entre a sociedade; potenciar a creatividade; promover a captación do talento dentro do sector, facendo fincapé na incorporación dos artesáns máis novos a través do apoio á súa formación especializada; e a impulsar a remuda xeracional ao tempo que se aposta pola introdución da innovación e do deseño nos procesos de produción.
O endebedamento da Comunidade Autónoma de Galicia ao peche do terceiro trimestre situouse no 17,8% do PIB, segundo os datos do Banco de España, que volve ratificar que Galicia é unha das comunidades autónomas –a quinta– con menor endebedamento, 6,3 puntos menos que a media estatal. Trátase da primeira vez, desde 2013, que esta ratio baixa do 18%. Galicia conseguiu reducir no período analizado en seis décimas o seu endebedamento sobre o terceiro trimestre de 2018, que era do 18,4%. En canto á comparativa sobre o segundo trimestre de 2019, a evolución é igualmente significativa, cunha diminución de cinco décimas, ao pasar a ratio do 18,3% ao 17,8% sinalado.
Celebrouse en Lugo a xornada final de selección dos seis proxectos que entrarán a formar parte da segunda edición da aceleradora Business Factory Aero (BFAero), iniciativa que permite reter e atraer talento cara a Lugo e cara a Galicia desenvolvendo así un novo ecosistema de emprendemento e de innovación en torno ao sector aeroespacial. Neste sentido, dos seis novos proxectos escollidos, cinco deles proceden de empresas e startups galegas, e un ten a súa orixe en Barcelona. En total, das doce iniciativas que participan nas dúas edicións da aceleradora, nove teñen orixe en Galicia, e outros tres en Madrid, Barcelona e Valencia. Estes proxectos permitirán que desde Lugo e desde Galicia se sigan impulsando solucións innovadoras vinculadas aos vehículos non tripulados e ao sector aeronáutico.
« Anterior | 3  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (186)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES