Noticias

Arranca o proxecto europeo no que Galicia asesorará a Portugal na xestión e promoción do Camiño de Santiago

Co obxectivo de consolidar as rutas do Camiño de Santiago na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e impulsar o seu aproveitamento sustentable como un recurso patrimonial cultural e natural transfronteirizo, Galicia acolle hoxe as primeiras accións do proxecto europeo Fazendo Camiño no que a Xunta participa xunto a Turismo Porto-Norte de Portugal, a Dirección Rexional de Cultura do Norte e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal. Ao abeiro deste proxecto, a Xunta asesorará ao país luso na súa xestión, sinalización, mantemento, promoción e divulgación ao redor do Camiño de Santiago. Fazendo Camiño foi aprobado no marco da segunda convocatoria do Programa Interreg V .

As primeiras iniciativas consisten en reunións técnicas que se desenvolven en Galicia para dar a coñecer o modelo de xestión en Galicia así como os traballos de cara ao vindeiro Ano Santo, coa participación da comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, que hoxe explicou en que consiste a convocatoria O teu Xacobeo. Mañá realizaranse visitas de campo para coñecer a rede pública de albergues da Xunta, amosando o traballo levado a cabo na rehabilitación de inmobles para a acollida de peregrinos tomando como exemplo o Camiño de Fisterra e Muxía.

Fazendo Camiño foi aprobado no marco da segunda convocatoria do Programa Interreg V (POCTEP) desenvolverase ata o ano 2021, cunha serie de actividades que buscan mellorar a xestión conxunta e a afluencia turística do Camiño de Santiago, así como incrementar a implicación local na conservación e protección da Ruta Xacobea.

Entre as distintas actividades programadas incluirase a creación en Portugal do Consejo Luso-Galaico do Camiño de Santiago no que estarán representados todos os beneficiarios que buscará lograr o recoñecemento institucional que precisan as rutas xacobeas en Portugal para o seu desenvolvemento ordeado e sustentable.

Estudos do Camiño en Portugal e Galicia

En virtude deste programa tamén se prevé a realización de estudos e análises estatísticos que permitan coñecer as particularidades do Camiño de Santiago en territorio luso e galego que sirvan como base dunha estratexia transfronteiriza conxunta atendendo a todas as compoñentes da Ruta Xacobea, tanto territorial como turística, económica e patrimonial.

Este proxecto encaixa nos obxectivos plasmados no Plan Estratéxico Xacobeo 2021 no que a Xunta de Galicia traballa coa vista posta no Ano Santo para protexer e divulgar todas as rutas de peregrinación e afondar na colaboración e coordinación entre distintos países. Ademais, o Camiño Portugués e a súa variante costeira son dous dos itinerarios que máis están a medrar nos últimos anos. Son o segundo e o terceiro máis percorridos e, a falta dunhas semanas para que remate o ano, suman máis de 94.000 peregrinos, un 27% do total dos peregrinos que recolleron a Compostela.

R., 2019-12-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES