Archivo (1 del 2019)

Buscador

Noticias

O edificio administrativo do Sergas acolleu as primeiras xuntanzas dos grupos específicos de traballo propostos polo Sergas para adoptar decisións compartidas cos profesionais na reformulación do modelo de atención primaria. Máis de sesenta profesionais, de distintas categorías e de todas as áreas sanitarias, comezaron hoxe a traballar nos distintos grupos co obxectivo de abordar propostas a curto, medio e longo prazo coas que afrontar o reto do envellecemento poboacional e as dificultades para dispoñer de profesionais que afectan ao conxunto do Sistema Nacional de Saúde.
A Cidade da Cultura duplicou o número de visitas no Nadal grazas á exposición Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra —que exhibe por vez primeira en Galicia ‘A derradeira leición do mestre’— e ás actividades para público familiar de Cidade do Nadal, unha urbe máxica con obradoiros, cunha grande para decorar conxuntamente e cun premiado espectáculo familiar. O Gaiás recibiu durante estas festas 7.000 persoas, alcanzando nalgunha destas datas cifras récord ao superar os 800 visitantes por día.
A idade é un dos factores determinantes no uso da internet. En Galicia os maiores de 55 anos representan preto do 40% da poboación e nese punto márcase unha importante fenda no acceso á rede. De feito, a porcentaxe de uso entre os galegos de menos de 44 anos sitúase en valores próximos ao 100% mentres que os que maiores de 55 non chegan ao 65%. A pesar dos case 40 puntos de diferenza entre ambas as franxas de idade, no últimos sete anos esta fenda foise acurtando significativamente.
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia da Consellería de Cultura e Turismo dálle a benvida ao 2019 cunha celebración das linguas e do cine de Europa. Farao desde a semana que vén tanto a través do ciclo EFA: Premios Discovery, que ofrecerá unha escolma dos títulos galardoados nos últimos anos con esta distinción da Academia do Cine Europeo para apoiar o novo talento, como da súa habitual sección Fóra de Serie, cunha selección de filmes falados en diversas linguas do continente. Todas as fitas serán presentadas por profesoras do Centro de Linguas da Universidade da Coruña.
A Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA) retoma a súa programación a partir de mañá co arranque da súa primeira carteleira semestral de 2019, que lle ofrecerá ao público 349 citas co teatro, a danza, a música, a maxia e o circo en 40 escenarios. Entre elas, as estreas absolutas das novas propostas das compañías galegas Colectivo Verticalia, Estudo Momento, Malasombra Producións, Licenciada Sotelo, Os Monicreques de Kukas, Os Náufragos, Producións Teatrais Excéntricas, Redrum Producciones e Talía Teatro.
O número de fogares galegos que chega con moita dificultade a fin de mes diminuíu 2,69 puntos porcentuais no cuarto trimestre deste ano en relación co trimestre anterior, pasando do 8,56% ao 5,87%, segundo a última Enquisa Conxuntural da Fogares do Instituto Galego de Estatística (IGE). En termos interanuais, nos fogares con dificultades a fin de mes, prodúcese unha diminución de 5,13 puntos, pasando do 45,38% do último trimestre de 2017 ao 40,25% ao peche de 2018. Pola súa parte, neste período, a porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilitade a fin de mes aumenta 6,23 puntos (do 47,64% ao 53,87%), mentres que a porcentaxe dos que chegan con moita dificultade decrece 1,11 puntos (do 6,98% ao 5,87%).
A poboación ocupada na pesca extractiva en Galicia aumentou un 7% entre 2015 e 2017, co que a comunidade rompe coa tendencia de perda de emprego no sector rexistrada nos últimos exercicios, especialmente coa crise económica. A comunidade galega pasou de contar con 10.635 profesionais embarcados nas distintas frotas ao remate de 2015 a alcanzar os 11.377 a finais de 2017, co que o sector sumou 742 traballadores neses dous anos. Estes datos de emprego da frota pesqueira galega aparecen recollidos na enquisa Ocupesca, elaborada pola Consellería do Mar cada dous anos e da que acaba de publicarse a súa cuarta edición.
Os establecementos de turismo rural de Galicia experimentaron unha notable evolución durante o mes de novembro, cun aumento no número de viaxeiros do 13,6%. Esta marca supón un novo avance na potenciación deste tipo de segmento turístico, de especial relevancia para o turismo de interior na Comunidade. Ademais, confirma o rendemento das campañas promocionais así como das experiencias e os produtos impulsados pola Xunta e o sector nesa época, como Outono Gastronómico no Turismo Rural ou o Catálogo de Produtos de Turismo Rural de Galicia – Outono 2018.
A duración das axudas e a súa contía mantense invariable, despois do incremento do curso pasado, cando o mínimo ao mes pasou de 105 aos 125 euros, a axuda intermedia de 145 a 165 e a máxima se elevou de 175 a 195 euros, en función dos países de destino. Cómpre lembrar que a convocatoria galega contempla axudas para estancias de ata nove meses, o que complementa as axudas europeas, que se limitan a sete meses de duración. No curso 2017/18 beneficiáronse destas bolsas a totalidade dos alumnos solicitantes que participaron no programa Erasmus Estudos, que foron total de 950 estudantes.
A terceira edición do ciclo Gran teatro para os máis pequenos, organizado polo Centro Dramático Galego (CDG) na súa sede do Salón Teatro de Santiago, remata esta semana con dúas funcións do espectáculo Muiñada, da compañía Galeatro. As representacións terán lugar mañá xoves, ás 19,00 h., e o venres 4, ás 12,30 h., precedidas de cadansúa sesión do taller Cántame un conto. O espazo sonoro e os contos, no que as nenas e nenos inscritos terán a oportunidade de afondar xogando en diferentes conceptos que verán a continuación sobre o escenario.
« Anterior | 5  de  6 | Siguiente »

Archivo

2025 (275)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES