Archivo (1 del 2019)

Buscador

Noticias

A porcelana, o papel, o vidro, as lámpadas, as pezas de coiro ou os xoguetes de madeira combinan coa olería, coa cestería tradicional, co téxtil, coas figuras tradicionais feitas con miga de pan a prata ou coas pezas de madeira orientadas á gastronomía, formando todo isto parte da escolma que representa o produto artesán galego este ano en Formex. Formex está considerada unha das feiras profesionais de decoración de referencia do deseño escandinavo e celébrase en dúas edicións anuais, xaneiro e agosto. Trátase dunha oportunidade única para a reunión de axentes, importadores, deseñadores, produtores e compradores de deseño interior e da industria de agasallos.
O Servizo Galego de Saúde acadou no pasado ano 2018 unha cifra récord de 354 transplantes de órganos nos seus hospitais, a máis elevada desde que se iniciou a actividade transplantatoria en Galicia. Do total de transplantes, 170 foron de ril; dos cales 31 procedían de doante vivo, 124 de fígado, 2 de páncreas, 25 de corazón e 33 de pulmón. Salientar que, desde que se realizou o primeiro transplante, no ano 1981, ata o 31 de decembro de 2018, xa se levan feitos en Galicia un total de 7.942 transplantes de órganos.
As iniciativas están dirixidas á contratación de perceptores da Risga e de desempregados en xeral para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social. Nos dous casos, o prazo de solicitude rematará o próximo 11 de febreiro. Os apoios dirixidos aos concellos galegos para a contratación de perceptores da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) inclúen un orzamento de 7,7 millóns de euros para empregar a 700 persoas en situación ou risco de exclusión social. Como novidade para 2019, a duración dos contratos amplíase de 7 a 9 meses.
O programa Principio está destinado a impulsar a contratación de persoal mozo e cualificado por parte de empresas e organismos de investigación, para abordar actuacións de investigación, desenvolvemento e innovación. O obxectivo é conseguir que os centros tecnolóxicos poidan incorporar talento e novos investigadores ao seu cadro de persoal, mediante a contratación de 110 persoas durante un período mínimo dun ano, para o que se outorgarán axudas de 10.000 euros por contrato. O desenvolvemento de proxectos de I+D permitiu que Galicia fora en 2017 a segunda Comunidade Autónoma de España onde máis creceu o gasto de I+D no eido empresarial.
O tempo de espera media cirúrxica en Galicia é de 61,6 días a decembro de 2018, case cinco días menos que en decembro de 2017, cando se situou en 66,4 días de espera media. Este dato sitúase como a cifra máis baixa de toda a serie histórica de Galicia e en relación ao resto de comunidades, está entre as catro que teñen menos demora do Estado. A atención primaria é o servizo sanitario mellor valorado pola cidadanía en todos os barómetros sanitarios. No último informe do Ministerio de Sanidade, o 88,50% dos usuarios en Galicia consideraron que recibiran unha atención boa ou moi boa en atención primaria
Aprobouse para a súa remisión ao Parlamento a futura Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia para facilitar a recuperación de centros históricos e núcleos rurais e protexer as edificacións históricas. Esta lei se enmarca no obxectivo de priorizar a rehabilitación fronte ás novas construcións. A norma diferencia dous ámbitos de actuación: a rehabilitación edificatoria; e a rexeneración urbana, referida a actuacións que afectan tanto edificios como tecidos urbanos. Así mesmo, o novo documento axilizará a tramitación para a recuperación de centros históricos e núcleos rurais.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a autorización no Consello da Xunta dun acordo cos sindicatos UGT e CC.OO que cualificou de “histórico” e “moi ambicioso” para a mellora da función pública. A este respecto, Feijóo aseverou que se trata do acordo máis importante acadado no ámbito do emprego público na historia de Galicia. Ábrese así, dixo, unha nova etapa na que o obxectivo será acadar un emprego público de calidade, estable e ben retribuído, que ofreza as mesmas condicións para os profesionais que desempeñen iguais funcións e que recoñeza o esforzo laboral e motive a mellora constante da formación co conseguinte beneficio para a cidadanía.
A Axencia de Turismo de Galicia, inicia hoxe na cidade de Utrecht (Holanda) o programa de promoción internacional da oferta turística galega para o ano 2019 coa participación na feira Vakantiebeurs, o principal mercado turístico dos Países Baixos. Trátase dun certame de carácter xeneral aberto tanto ao público final como aos profesionais do sector que se desenvolverá ata o vindeiro día 13, no que o departamento de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia presentará os produtos turísticos galegos, sobre todo os relacionados coa natureza.
O programa de residencias artísticas que o Centro Dramático Galego mantén na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, achegaralle ao público tres pezas escénicas asinadas por Proxecto Pank e Funboa Escénica. Este Ciclo Pank 2019 arrancará co espectáculo Masa madre + Sal marina, que o binomio creativo formado por Cristina Balboa e Manuel Parra García representará este venres 11 e o sábado 12 de xaneiro, ás 20,30 h. O domingo 13, o pano levantarase ás 18,00 h. para Eso que vi, mentres que o xoves 17, ás 20,30 h., Cristina Balboa compartirá cos espectadores o traballo creativo arredor de O que segue, a súa nova proposta, en proceso de desenvolvemento.
CES, o evento anual no que se presentan as innovacións tecnolóxicas de próxima xeración no mercado, é punto de encontro para máis de 4.400 empresas da industria electrónica e 180.000 profesionais de ao redor de 155 países do mundo. Nesta edición coñeceranse os avances do sector con respecto á rede de quinta xeración ou 5G deseñada para facilitar a implementación do internet das cousas. O sector de automoción destaca por ser un dos máis relevantes para a economía galega, como poñen de manifesto os datos das exportacións das empresas do automóbil que nos dez primeiros meses do 2018 aumentaron nun 12,8% cun valor de 4.518,6 millóns de euros.
« Anterior | 4  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES