Archivo (6 del 2026)

Buscador

Noticias

O Arquivo Histórico Universitario da USC celebra do 8 ao 14 de xuño a Semana Internacional dos Arquivos cunha exposición temporal e unha xornada científica o martes 9 en colaboración co Grupo de Investigación do Departamento de Historia Moderna da USC que leva por título 'Galicia e Portugal: vínculos históricos e fontes documentais para o seu estudo'.
A investigadora e catedrática da UVigo África González reuniu en Santiago çalgunhas das figuras máis destacadas da investigación internacional en terapias celulares avanzadas e inmunoterapia. O encontro científico, organizado polo consorcio Terav+ Galicia que dirixe desde a UVigo a través do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, converteu a capital galega nun foro de debate sobre os principais avances e retos deste ámbito.
O grupo EPhysLab do Centro de Investigación Mariña da UVigo coordina o proxecto Aurora, centrado en mellorar a resiliencia, o deseño e a optimización das estruturas de protección costeira. O obxectivo é desenvolver e aplicar ferramentas de modelado numérico para abordar a estabilidade das unidades de blindaxe dos crebaondas ao tempo que se afonda na comprensión dos procesos físicos que desencadean a súa inestabilidade.
Responsables desta iniciativa público-privada centrada en acelerar o desenvolvemento de novas terapias biolóxicas en oncoloxía e enfermidades inflamatorias inmunomediadas con necesidades clínicas non cubertas deron a coñecer os seus obxectivos e o plan de traballo a medio prazo. A Unidade Mixta sitúa SunRock como socio empresarial tractor do proxecto e como compañía responsable de orientar a xeración de resultados cara a decisións de desenvolvemento, valorización e licencia.
Promovida polo Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, investigadores e investigadoras do grupo GEAAT da UVigo desenvolveron nas últimas semanas unha nova campaña arqueolóxica en Ons, que permitiu obter novos datos respecto da ocupación do castro do Castelo dos Mouros na época romana.
O obxectivo do novo Hub é claro: converter o Xeoparque Montañas do Courel nun territorio de oportunidades no que nazan novos proxectos empresariais que xeren emprego, fixen poboación e coiden da contorna. A área do Xeoparque afronta retos estruturais de despoboamento, envellecemento e perda de actividade económica, pero ao mesmo tempo dispón dun elevado potencial en sectores estratéxicos.
Vigo aclle a XX edición do Congreso Nacional de Acuicultura, unha cita que reúne a preto de 400 investigadores, representantes de empresas, administracións públicas e entidades vinculadas á acuicultura de todo o país. Baixo o lema Regreso a los orígenes, o encontro volve a Galicia para recoñecer o papel que a comunidade desempeñou no desenvolvemento científico, tecnolóxico e produtivo da acuicultura española.
O Instituto de Investigación en Saúde Global e Desenvolvemento Sostible (iTERRA) presentouse de xeito oficial nun acto institucional que tivo lugar na Facultade de Veterinaria da USC. O iTERRA aspira a consolidarse como un referente nacional e internacional en investigación en saúde global e sustentabilidade, recoñecido pola súa capacidade para integrar ciencia, innovación e coñecemento local na procura de solucións ante os grandes retos do século.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2026 (189)

2025 (339)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES