Buscador
Noticias
O gran reto tecnolóxico que supón o descubrimento de exoplanetas e o desenvolvemento de novos métodos para a súa detección e análise é unha das áreas fronteira na astrofísica actual. O CITIC da UDC e o CSIC a través do Instituto de Astrofísica de Andalucíaúnense para impulsar a investigación e a innovación nesta área. Será a través da unidade 'AIRExS: Artificial Intelligence for Research on Exoplanets and Stars' da UDC.
Baixo o título 'Ciencia e conciencia no século XXI', máis de medio centenar de investigadoras e investigadores déronse cita no Gaiás nas I Xornadas de Centros de Investigación Interuniversitarios de Galicia, primeiro encontro aglutinador de talento investigador das tres universidades galegas organizado polo Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia, Economics and Business Administration for Society e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais.
O FIV de Vilalba anunciou esta mañá a programación diaria do festival que celebrará a súa 18º edición o 25 e 26 de abril. Con grupos como Shinova, León Benavente, Varrry Brava ou The Rapants como algúns dos máis esperados para dúas noites co mellor da música independente e máis actividades por desvelar. As entradas por día xa están á venda na páxina web do festival xunto aos abonos. Próximamente estará dispoñible o Abono Camping.
A V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2025, abrirá as súas portas desde mañá ata o sábado na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra) coa presenza de 508 firmas expositoras, das cales 174 son expositores directos e 334 son marcas representadas. As firmas expositoras, de 26 países, supoñen un 20% máis que na pasada edición, celebrada en 2023.
Capitanes, unha curtametraxe ambientada no transcurso dunha intensa semifinal da Copa do Rei de fútbol, inaugurará este xoves no Teatro Colón a terceira edición do festival Norte Cinema Diverso. Coa proxección de Capitanes ás 21:00 horas, a organización únese á celebración do Día Internacional contra a LGTBIfobia no deporte. A curtametraxe denuncia o silencio que condiciona a vida pública dos futbolistas homosexuais.
A reescritura da historia será o tema arredor do cal se artellará o ciclo 'Redeira literaria. Falemos de literatura' que organizan docentes do grupo de investigación e-LITE da UVigo. Os días 20 de febreiro e 6 e 13 de marzo o edificio Redeiras acollerá as disertacións de tres figuras do mundo literario: a directora de escena Ana Zamora, o novelista e investigador Borja Rodríguez Gutiérrez e o alcalde de Vigo e escritor Abel Caballero.
O taller de Co-Creación do proxecto SUS-SOIL que se desenvolveu do Campus de Lugo é xermolo para o primeiro Laboratorio Vivo do Solo de Galicia que se centrará en analizar, inventariar e avaliar as prácticas de xestión agroecolóxica do subsolo e os usos do solo en contornas tanto rurais como urbanas. Decenas de participantes procedentes do eido agrícola, académico, industrial, así como persoas propietarias ou responsables da xestión de terras ou mesmo responsables políticos, conformaron este foro.
Tirando de tópicos, todo o que podía saír ben, saíu ben no 20 aniversario das JAI. E é que a décima edición destas Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial, que se celebrou a pasada semana, foi a da consolidación dun evento que converteu a Universidade de Vigo no epicentro da robótica e da novas tecnoloxías industriais.
A Cidade das TIC avanza un paso máis no seu desenvolvemento coa inauguración do CEI (Coruña Estudo Inmersivo), o que xa é o maior plató virtual de España. Este proxecto, impulsado pola Deputación da Coruña, será xestionado por Pedralonga Estudios, sociedade formada polo Clúster Audiovisual Galego, empresas do sector e a UDC. O CEI conta cunha superficie total de máis de 2.000 metros cadrados con dous edificios interconectados.
O uso de elementos atopados nas rúas da cidade constitúe unha das liñas centrais do traballo artístico do profesor da Facultade de Belas Artes Ignacio Pérez-Jofre, que na tarde deste xoves presenta no local da asociación Kentada Tarima flotante, unha instalación que define como unha 'colaxe' conformada por un conxunto de táboas atopadas na rúa, pero que o artista presenta no chan, colocada sobre 'unha estrutura de palés' que remiten a esa idea dunha tarima flotante e que obrigan ao público a situarse sobre a propia obra.