Notas de prensa

Dezasete títulos seleccionados para o festival Norte Cinema Diverso, que se celebra no Teatro Colón entre o xoves e o sábado

Capitanes, unha curtametraxe ambientada no transcurso dunha intensa semifinal da Copa do Rei de fútbol, inaugurará este xoves no Teatro Colón a terceira edición do festival Norte Cinema Diverso. Coa proxección de Capitanes ás 21:00 horas, a organización únese á celebración do Día Internacional contra a LGTBIfobia no deporte. A curtametraxe denuncia o silencio que condiciona a vida pública dos futbolistas homosexuais.

A seguir, verase a curta arxentina House, a primeira das pezas do festival cunha protagonista trans. Fernando Cayazzo, director do Norte Cinema Diverso, comenta que “é o ano do T. Queremos darlles ás persoas trans a voz que merecen. En Norte Cinema Diverso este ano veremos moitas historias que nos achegarán as distintas realidades trans”.

A primeira sesión rematará coa proxección do filme portugués Fogo-Fátuo, do director João Pedro Rodrigues. É unha comedia, con toques de musical, un tanto delirante: conta como o rei de Portugal, xa moribundo na segunda metade do século XXI, lembra que de novo, cando aínda era príncipe, quería ser bombeiro. Fogo-Fátuo recibiu o premio especial do xurado do festival de Sevilla.

Durante os tres días do Norte Cinema Diverso proxectaranse tres longametraxes, outros tantos documentais e once curtametraxes.

As entradas custan tres euros e pódense retirar en ataquilla.com ou no despacho de billetes ás portas do teatro. A sesión de curtametraxes da mañá do sábado será de balde. Entre todas as curtas seleccionadas para o festival elixirase, por parte dun xurado profesional, a gañadora do premio Trini Falcés, que levará o xa tradicional zoco da diversidade elaborado pola artesá Elena Ferro, este ano coas cores da bandeira do xénero non binario.

Norte Cinema Diverso está organizado pola asociación Palestra, a cinemateca Pedro Zerolo e o concello da Coruña, coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual e a Universidade da Coruña.

Norte Cinema Diverso, 2025-02-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES