
Ao acto de inauguración, ao que asistiron o reitor da UDC, Ricardo Cao, e a secretaria Xeral, Marta García, contou tamén coa presenza do ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; a Conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González; a secretaria de Estado de Dixitalización, María González; o presidente do Clúster Audiovisual Galego, Alfonso Blanco; así como numerosos representantes do sector audiovisual.
CEI: o maior Centro de Produción Virtual de España
Cunha inversión de case 9 millóns de euros, o CEI conta cunha superficie total de máis de 2.000 metros cadrados con dous edificios interconectados. Nun primeiro bloque está o estudo audiovisual, e un segundo dá servizo ao plató.
As instalacións incorporan a tecnoloxía máis avanzada en produción audiovisual virtual e servirán para mellorar a competitividade das empresas galegas do sector, ademais de atraer producións de cine, televisión e videoxogos procedentes de toda Europa.
Este plató complementarase coa construción doutros dous de 2.000 e 2.500 metros cadrados que estarán operativos ao longo de 2026, o que suporá a posta en marcha dun gran centro de produción audiovisual na Coruña, que non só potenciará a produción local, senón que tamén permitirá a atracción de proxectos internacionais.
Pedralonga Estudios, entidade xestora
O proxecto será xestionado por unha joint venture, Pedralonga Estudios, sociedade constituída en 2024 e participada polo Clúster Audiovisual Galego, a Universidade da Coruña e 10 empresas do sector audiovisual: Portocabo, TEX45 Producciones, Vaca Films, Voz Audiovisual, Congo Producciones, Zenit Televisión, Producciones Audiovisuales Siete Media, Undodez, Avendaño Estudio e Centro de Estudios Marcote. Esta entidade será a encargada de xestionar, promocionar e posicionar o CEI por un período de 20 anos, prorrogables por outros 5.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.