Archivo (7 del 2024)

Buscador

Noticias

Celebrouse en Moaña a primeira edición do Congreso de Xeopolítica Participativa, unha iniciativa impulsada pola UVigo, en colaboración coa USC e o Concello moañés. O obxectivo deste evento, baixo o título 'A xeopolítica e o sector educativo', é dar 'unha visión realista e obxectiva sobre os acontecementos internacionais, xa que existe unha gran desinformación destes acontecementos que son da máxima relevancia actual'.
As persoas egresadas da Universidade de Vigo convértense para o resto da súa vida en embaixadores e embaixadoras da institución, nos seus representantes e nun espello no que mirarse. Para agradecer todo ese valor engadido, a UVigo puxo en marcha os Premios Alumni, que entregaron os galardóns da súa terceira edición nun acto no edificio Redeiras.
Especialistas de todo o mundo debaterán os últimos achados neste ámbito no marco da XXVIII Conferencia Electrónica Internacional ECSOC28 (International Electronic Conference on Synthetic Organic Chemistry). Este é un foro de intercambio de coñecemento coordinado polos investigadores da USC Julio A. Seijas Vázquez e Pilar Vázquez Tato. O encontro desenvolverase en liña do 15 ao 30 de novembro e o prazo para o envío de resumos finaliza o 26 de xullo segundo as directrices establecidas na páxina web deste evento que botou a andar no ano 1997.
Cando, a comezos do século XX, a comunidade científica comezou a desenvolver as ideas que conformarían o que hoxe chamamos mecánica cuántica, non só se estaba a fraguar unha revolución intelectual, senón tamén tecnolóxica. Os descubrimentos que permitiron achegármonos ao comportamento fundamental da materia e a enerxía no universo ofreceron ferramentas para crear materiais, dispositivos e técnicas que cambiaron a face do mundo.
A Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña acolleu hoxe a inauguración dunha nova edición dos cursos da International Summer School (ISS) da UDC; un acto presidido polo reitor da UDC, Ricardo Cao, que estivo acompañado polo vicerreitor de Internacionalización e Titulacións, Moisés Canle, e os adxuntos de Política Internacional e Mobilidade e Convenios, María Bobadilla e Bruno Casal.
Un equipo internacional de científicos, entre os que se atopa o investigador Gianluca Marino, do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, acaba de descubrir que un período cálido prolongado no Atlántico norte provocou hai uns 400.000 anos o desxeo en Groenlandia, o que fixo que o nivel do mar subise máis de dez metros por riba do actual. O estudo, publicado na revista Nature Communications, resolve un dos enigmas dos ciclos das idades do xeo do último millón de anos.
O CITIC da Universidade da Coruña e o Instituto DaSCI da Universidade de Granada, en colaboración coa empresa Panacea Cooperative Research, desenvolveron unha técnica innovadora para mellorar a identificación forense de restos humanos. O investigador do CITIC Óscar Panizo participa no desenvolvemento desta técnica, que se basea na superposición craneofacial e que analiza a correspondencia entre un cranio post mortem e fotografías faciais ante mortem.
O físico Klaus von Klitzing, Premio Nobel de Física en 1985, estará en Compostela o 12 de setembro convidado polo programa ConCiencia que dirixe o catedrático da USC, Jorge Mira. Ese día, ás 19.30 horas no Salón Nobre de Fonseca, o actual director do Instituto Max Planck para a investigación en estado sólido, con sede en Stuttgart, pronunciará a conferencia ‘A revolución cuántica en metroloxía’ aberta a toda a cidadanía.
O equipo UVigo Aerotech, formado por alumnado do campus de Ourense, principalmente da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, xa está en Alemaña para competir na Air Cargo Challenge 2024, un dos certames máis importantes de aeronaves de competición. Farao co seu novo dron, MIR-10, froito de todo un curso de traballo colectivo no seu deseño, fabricación e ensamblaxe.
O sector agroalimentario atópase ante o desafío de atender demandas de produción cada vez máis complexas, nun escenario marcado pola diminución progresiva das fontes de materias primas e solos cultivables. Unha parte importante dos recursos agrícolas son destinados ao consumo dos animais, polo que a aplicación de subprodutos da industria agroalimentaria resulta rometedora.
« Anterior | 2  de  3 | Siguiente »

Archivo

2025 (125)

2024 (365)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES