Archivo (5 del 2023)

Buscador

Noticias

“Testemuño de integridade cívica, de compromiso con Galicia e de resistencia activa, indomable, contra o totalitarismo”. Con estas verbas definiu o catedrático da USC Henrique Monteagudo a figura do que foi estudante e profesor da institución compostelá, Francisco Fernández del Riego, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Un ano máis o persoal investigador da Universidade de Vigo volve unirse á celebración do Pint of Science, o festival de divulgación científica que aposta por levar a ciencia e o coñecemento aos bares para achegalo á cidadanía. Ao longo de tres días, entre o 22 e o 24 deste mes, seis científicos e científicas da UVigo ofrecerán relatorios e obradoiros no bar Cañaveral arredor de temáticas diversas.
No ano 2002, con motivo da celebración da 8ª edición de Ponte...nas ondas! Francisco Fernández del Riego foi convidado a participar na xornada de comunicación interescolar. Don Paco coñeceu de primeira man o que se estaba a facer desde Ponte...nas ondas! , coa súa sabedoría diagnosticou este labor como “sen precedentes” e albiscou un futuro prometedor para a experiencia.
A Praza de Feixoo, en Santiago de Compostela, está lista para acoller a quinta edición do Festival Seráns, que terá lugar do 17 de maio ao 30 de xuño deste ano. O obxectivo deste festival é promover a cultura local e ofrecer unha experiencia musical única para todos os participantes, ademais de proporcionar entretemento á comunidade. Os locais Riquela Pub, Modus Vivendi e Borriquita de Belém, organizan este evento co seu amor pola cidade e compromiso coa música e a cultura.
O programa Inspira STEAM para o fomento das vocacións científicas e tecnolóxicas impulsado pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra segue sumando éxitos. Este venres clausurouse a súa quinta edición, a máis numerosa ata o momento, que chegou durante o curso 2022/2023 a 632 estudantes de primaria e ESO de 14 centros da provincia de Pontevedra e contou coa participación de 46 mentoras e mentores.
A Universidade da Coruña, en colaboración con outras entidades, vén de publicar o cómic Irene a porteira, realizado por Xulia Pisón, autora de cómics e debuxante, e Óscar Losada, xornalista especializado en temas de cultura e deporte. O cómic rescata a historia de Irene González Basanta, unha coruñesa que xogou ao fútbol nos anos vinte do pasado século.
A Caixa Rural de Lugo acolleu a presentación dun novo título da colección As miñas primeiras Letras Galegas dos Bolechas, dedicado este ano a Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado polo 17 de maio. Arredor de 25 alumnas e alumnos do CEIP Sagrado Corazón de Lugo participaron na presentación, ademais dos propios Bolechas, que recibiron e acompañaron aos escolares na cidade lucense.
O próximo domingo vaise celebrar a Romaría de San Vitorio na capela do Santo sita na parroquia begontesa de Damil, recuperando a tradición que levaba interrompida os últimos quince anos. Con este motivo, no Restaurante Casa Varela de Damil vén de abrirse unha exposición de pintura sobre temas relacionados coa romaría do San Vitorio: o santo, a capela, a contorna...
Este ano celébrase o centenario da creación en 1923 do Seminario de Estudos Galegos (SEG), unha institución cultural creada por intelectuais galeguistas para estudar e divulgar o patrimonio cultural e lingüístico de Galicia. A Universidade de Vigo súmase a esta conmemoración coa celebración os días 19 e 26 de maio dunhas xornadas, chamadas Xeiras con Historia, en Allariz e Ribadavia.
A Feira Virtual de Emprego da USC botou a andar este mércores 10 de maio para fomentar a empregabilidade do estudantado e das persoas egresadas da institución compostelá. A través deste foro virtual que se estende ata o xoves 11 con preto dun milleiro de inscricións, as persoas usuarias poden acceder a empresas con ofertas de traballo, charlas de interese en materia de empregabilidade e chats para aclarar dúbidas.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (127)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES