
Os e as interesadas poden rexistrarse na plataforma habilitada pola Feira e deixar os seus datos xunto cun currículo en formato pdf. A primeira das xornadas comezou co saúdo da vicerreitora de Estudantes e Servizos, Pilar Murias, quen deu a benvida, a través dun vídeo, a todas as persoas participantes.
Ao longo destas dúas xornadas as persoas rexistradas poderán, de 8.00 a 20.00 horas, presentar o seu currículo a ofertas de emprego, asistir ás charlas ofertadas na sección Axenda de Conferencias con inscrición previa, conversar en liña coas empresas e coas orientadoras da Área de Orientación Laboral e Emprego da USC, ou acceder a múltiple información das entidades participantes (vídeos, ligazóns ou redes sociais, entre outros contidos).
Na lapela de expositores, pode verse unha listaxe dos que están conectados e facendo clic en calquera deles, poderán atoparse os representantes desa entidade que están conectados e listos para conversar en liña tanto polo chat público como polo privado. As persoas usuarias poden ter varias conversacións ao mesmo tempo, compartir documentos e mesmo solicitarlles unha videochamada a través do videochat integrado da plataforma, explican dende a organización da Feira.
Unha vez rematado o evento, aínda que xa non estará dispoñible a conversa en liña, seguirá aberto o acceso ás ofertas de traballo, así como a presentación do currículo ata o domingo 14. As dúbidas sobre a Feira poden dirixirse ao enderezo electrónico [email protected]
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.