Archivo (4 del 2021)

Buscador

Noticias

A partir dun traballo de dramaturxia das páxinas 52 a 88 do texto A casa da forza da escritora, actriz e directora de escena Angélica Liddell, a compañía da Aula de Teatro da USC encargarase de subir o pano da Mostra de Teatro Universitario de Galicia 2021. A representación terá lugar este luns no Teatro Principal de Santiago de Compostela, e servirá de colofón ao trinta aniversario desta compañía teatral. O martes 4 será a quenda da compañía da Aula de Teatro do Campus de Lugo.
Unha historia de 128 palabras escrita por Paloma de Toro González (Ourense, 1985) é a gañadora do primeiro premio na categoría de adultos do IV Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal entre os case 800 textos de ata 200 palabras presentados. O segundo premio recaeu nun conto de Luca Chao Pérez (Lugo, 1988) e o terceiro, nun relato de María Cabaleiro Alfaya (Tui, 1993).
Despois do éxito da primeira representación, a XXIII Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, regresou este mércores ao Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria coa obra A casa da forza 2, 52-88, un texto baseado nunha creación literaria da dramaturga catalá Angélica Liddell, premiada na Bienal de Teatro de Venecia no ano 2012.
O colexio Paradai de Lugo acolleu a primeira parada dos obradoiros de divulgación científica organizados polo grupo de innovación docente do Campus de Lugo da USC XuvenCiencia ao abeiro do proxecto 'Ciencia no Camiño'. Con esta iniciativa, o equipo que coordina a profesora Mercedes Novo desenvolverá actividades formativas fundamentadas en propostas para o coñecemento da contorna e o desenvolvemento do territorio
Interdisciplinario, multicultural e transnacional. Estas son as características do proxecto Narrativas das novas diásporas que analizará, durante dous anos, a literatura de fronteiras do século XXI, desde unha perspectiva innovadora, ao centrarse en dous aspectos fundamentais, que facilitan un labor comparativista: as zonas de conflito e as zonas de confort.
O Pacto Verde da Unión Europea (UE), tamén denominado Green Deal, folla de ruta coa que Europa quere loitar contra o cambio climático, contempla, entre as súas accións, a plantación de 3.000 millóns de árbores ata o ano 2030. Científicos da USC acaban de advertir, a través dun artigo publicado na revista Global Change Biology, de que a reforestación masiva pode supoñer “un arma de dobre fío” e reivindican a necesidade de planificar ben este proceso.
Desde 2013, as oficinas de igualdade de xénero das universidades galegas traballan conxuntamente na organización da Xornada Universitaria Galega en Xénero, un punto de encontro e reflexión para o persoal docente e investigador que traballa con perspectiva de xénero. A sétima edición, que se celebrará entre os días 10 e 11 de xuño de xeito virtual, centrarase en visibilizar o impacto da actual crise sanitaria
A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, pon en marcha, co financiamento da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello das Pontes, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores de 50 anos, que se desenvolverá nos meses de abril e maio, no Auditorio Municipal Cine Alovi.
Desde hai preto de vinte anos, profesores e profesoras de creatividade publicitaria de diferentes universidades españolas reúnense cada dous anos nun simposio dirixido a pór en común diferentes experiencias e estratexias docentes. Na última edición deste encontro, que tivo lugar en 2018 en Valencia, decidiron dar un paso adiante e sumar a este encontro un congreso que achegase as diferentes temáticas obxecto de análise a estudantes ou investigadores.
Mes a mes dende que botara a andar a súa 12ª edición o pasado outubro, continúa o Ciclo POETAS DI(N)VERSOS. Un luns de cada mes do curso, sobre o escenario do Centro Ágora séguense a xuntar as mellores voces poéticas de Galicia e do resto do mundo mesmo con todas as medidas de seguridade anti-Covid. Compensando mediante retransmisións por streaming as restricións de capacidade, o Servizo de Bibliotecas do Concello da Coruña segue a impulsar a poesía na voz dos seus propios autores e autora.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (116)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES