Buscador
Noticias
A Biblioteca do Seminario de Lugo organiza a exposición 'Do Camiño ao papel: O fondo xacobeo da BSL para celebrar o Día do Libro e o Ano Santo Xacobeo. A exposición repasa, a través de exemplares que van desde o máis antigo, do ano 1612, ata a actualidade, o espírito relixioso, literario e artístico da peregrinación a Santiago de Compostela no marco da historia de España e de Europa.
A Aula de Teatro Universitaria de Lugo, dirixida por Carmen Conde, foi a encargada de levantar o pano da XXIII Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, unha edición moi agardada tras máis dun ano sen representacións en directo no Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria. Gardando as distancias de seguridade e con todas as butacas completas, o público puido volver a gozar das representacións en directo coa obra A Emperadora, escrita e dirixida pola propia Carmen Conde.
Visitas comentadas en liña, charlas e faladoiros sobre temas como a escrita xeroglífica ou as escavacións arqueolóxicas en Exipto a día de hoxe, obradoiros sobre papiros ou xincanas de enigmas en formato escape room compoñen un programa con opcións tanto para público adulto como para a cativada. A estas actividades súmanse as visitas guiadas que o Museo Centro Gaiás ofrece de balde.
Este verán a UVigo será sede dun congreso sobre a obra da poeta e tradutora Adília Lopes, unha das figuras máis representativas do panorama literario portugués. O encontro comezará o último día do mes de xuño e acollerá a expertas e expertos de todo o mundo que reflexionarán sobre cuestións moi presentes na creación da escritora lisboeta.
As carencias no coñecemento dos antibióticos e as consecuencias do seu consumo na poboación española maior de 65 anos conforman uns dos maiores retos que deben afrontar os expertos en saúde pública, alén da mala comunicación médico-paciente e a falta de confianza no caso das persoas menores desa idade, o que se traduciría nunha prescrición innecesaria.
Un enclave fundamental para coñecer o desenvolvemento cultural e humano do final do Plistoceno medio europeo (últimos 250.000 anos). Así se presenta o xacemento paleolítico de Arbo, en Pontevedra, despois dunha década de investigación arqueolóxica nel que permitiu a localización dun dos conxuntos máis numerosos de ferramentas de tipo acheuliano da península Ibérica, máis de 3000 pezas, e a súa datación anterior a 118.000 anos.
O acto de entrega correspondente á sétima edición dos Premios Valentín Paz Andrade, galardóns que organizan conxuntamente o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) e o Consello Económico e Social de Galicia (CES), serviu para subliñar a revolución vivida polo agro galego nas últimas décadas. O reitor Antonio López manifestou o compromiso da USC no mantemento destes galardóns que poñen en valor a investigación transversal.
O Colectivo Egeria pon en marcha a web maragatosdelugo.org, para dar comezo ao seu traballo en relación coa histórica familia maragata Pérez-Carro, asentada na capital lucense desde 1880. A elección desta data débese a que o luns 19 de abril, cúmprense 40 anos do falecemento de Tomás Pérez-Carro García, representante da segunda xeración desta familia, cuxos pais, Tomás Pérez Carro e Vicenta García Carro chegaron á capital lucense procedentes de Santa Colomba de Somoza, capital da Maragatería leonesa.
Transcorrido máis dun ano do xurdimento da pandemia da covid-19, a Universidade de Vigo retoma esta semana a súa programación cultural e faino máis comprometida que nunca coas creadoras e creadores locais e convencida de que, nestes momentos tan duros para o sector cultural, as institucións públicas deben dar un paso adiante na promoción e valorización da cultura galega.
O investigador da Universidade da Coruña, Juan Romero, foi galardoado co 'Award for Outstanding Contribution to Evolutionary Computation in Europe' outorgado pola sociedade científica SPECIES. Este premio europeo outórgase ao investigador que máis contribuíu á investigación en Intelixencia Artificial e á técnica de Computación Evolutiva nos últimos anos.