Notas de prensa

A poeta portuguesa Adília Lopes, eixe dun coloquio internacional que se celebrará este verán en Vigo

Este verán a UVigo será sede dun congreso sobre a obra da poeta e tradutora Adília Lopes, unha das figuras máis representativas do panorama literario portugués. O encontro comezará o último día do mes de xuño e acollerá a expertas e expertos de todo o mundo que reflexionarán sobre cuestións moi presentes na creación da escritora lisboeta.

Entre estas cuestións están: especismo e antiespecismo, consumismo e anticonsumismo, culturalismo e anticulturalismo, confinamento e desconfinamento, etc.

O II Colóquio Internacional “Estar em casa con Adília Lopes: do privado ao político” está organizado polo proxecto Poesía actual e política: conflito social e dialoxismos poéticos, Poepolit II, grazas a unha subvención do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades dentro do Plan Nacional de I+D, e a colaboración do Instituto Camões da Cooperação e da Língua. Ademais de Burghard Baltrusch, investigador principal do proxecto e director da I Cátedra Internacional José Saramago, CJS, a comisión organizadora do encontro está composta por outros dous investigadores vinculados coa UVigo: Antía Monteagudo e Bruno Ministro.

Adília Lopes, provocación estilística e temática

O coloquio deseñado por Poepolit II xirará arredor da creación de Adília Lopes. Alén da presenza no ámbito portugués, a súa obra atópase traducida a varias linguas, cuestión que demostra a importancia dun quefacer literario que, segundo a organización, é “un excelente punto de partida para observar cunha perspectiva crítica a sociedade globalizada, as culturas e as estruturas económico-políticas en Occidente, marcadas por varias crises nos últimos tempos”.

Segundo Baltrusch, docente do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, o traballo de Lopes é “altamente reflexivo” e xoga con temáticas subversivas, incluíndo referencias heteroxéneas. Neste senso, a súa obra poética convértese en protagonista porque comparte intereses cos obxectivos do grupo de investigación, que atopa no vínculo entre o poético, o político e o seu impacto nas sociedades un asunto de interese para os estudos literarios.

Un programa amplo abordará a relación da poesía coa política

Co fin de incorporar reflexións diversas, a CJS lanzou unha convocatoria pública para que investigadoras e investigadores puideran enviar as súas propostas de comunicación. Apuntan desde a organización que o programa do coloquio será amplo e variado, e estará composto por conferencias de autores invitados e polas comunicacións seleccionadas, que terán unha duración de 20 minutos e virán seguidas de debates abertos.

Os temas que se tratarán no encontro (ética, ecoloxía, antiespecismo, feminismos, autobiografía, etc.) gardan relación coas hipóteses do proxecto Poepolit II, que se centran no entendemento da poesía contemporánea como elemento que cuestiona e rexeita as voces, suxeitos ou ideoloxías de carácter único e uniforme. Así mesmo, cren que a imaxinación poético-política atópase vinculada aos movementos sociais e que na actualidade as protestas poden ser analizadas como accións poéticas.

Para dar a coñecer o congreso, Poepolit II lanzou recentemente unha páxina web que, ademais de presentar a información práctica do coloquio, recolle versos de Adília Lopes e ilustracións de Bárbara Assis Pacheco, Luís Manuel Gaspar e Sara Quijano. Neste espazo virtual, daranse a coñecer proximamente os nomes das conferenciantes e o programa xeral do encontro.

Universidade de Vigo, 2021-04-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (interseccion-2026.jpg) Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
Foto de la tercera plana (20261008-ragc.jpg) A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.

Notas

O CiMUS da USC coordina un proxecto europeo para desenvolver unha nova xeración de radioterapia contra os tumores cerebrais. Trátase de InnovaRTBRAIN, unha iniciativa que busca transformar os procedementos actuais para o tratamento de tumores cerebrais, especialmente gliomas, e deseñar novos enfoques de radioterapia máis precisos, efectivos e seguros. Está coordinado desde este Centro Singular polo equipo Novas estratexias en Radioterapia dirixido por Yolanda Prezado.
Pezas que, nun espazo concreto, transforman e reinterpretan obras previas, que á súa vez naceron como rexistros de accións artísticas. Creacións artísticas que xorden como “eco ou resposta” de obras previas de Cora Novoa, Elena Rocamora, Álvaro Porras e María Sánchez, reúnense na exposición Contar cos dedos, que ata o 2 de novembro pode visitarse na Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES