Notas de prensa

'Ciencia no Camiño' achega os obradoiros de XuvenCiencia a 370 escolares

O colexio Paradai de Lugo acolleu a primeira parada dos obradoiros de divulgación científica organizados polo grupo de innovación docente do Campus de Lugo da USC XuvenCiencia ao abeiro do proxecto 'Ciencia no Camiño'. Con esta iniciativa, o equipo que coordina a profesora Mercedes Novo desenvolverá actividades formativas fundamentadas en propostas para o coñecemento da contorna e o desenvolvemento do territorio

Estas propostas chegarán a un total de 371 alumnos e alumnas de secundaria, primaria e infantil de municipios polos que descorren distintos Camiños de Santiago: Lugo, Guntín e A Fonsagrada (Camiño Primitivo), O Courel (variante do Camiño Francés e Camiño de Inverno) e Ribadavia (variante do Camiño dos Arrieiros).

Os obradoiros son impartidos por persoas investigadoras e estudantes de doutoramento do Campus de Lugo da USC e propoñen actividades adaptadas aos diferentes grupos e niveis educativos que van recibir a formación. Asemade, dado que a incardinación co territorio e as oportunidades de desenvolvemento sustentable constitúen os principais eixos, estes obradoiros XuvenCiencia abordan aspectos como a trazabilidade alimentaria, grazas ao kit DNA, que serve para determinar se unha carne é de porco ou de vitela a partir dunha técnica de laboratorio tan de actualidade como é a PCR.

As actividades inclúen tamén propostas relacionadas coa educación alimentaria, como son un pasapalabra nutricional e experimentos arredor das proteínas do leite, sobre biodiversidade, cunha actividade da cadea trófica. Experimentos sobre o ADN de leguminosas coma o chícharo e proxectos máis tecnolóxicos baseados na fibra óptica completan a oferta dos obradoiros XuvenCiencia para ‘Ciencia no Camiño’, un programa que mañá se trasladará ao CPI Tino Grandío de Guntín, e no que do 3 ao 5 de maio poderán participar, respectivamente, alumnado do Ies Fontem Albei, de A Fonsagrada, Ies O Ribeiro, de Ribadavia, ou do CPI Uxío Novoneyra, en Folgoso do Courel.

A promoción da cultura científica e a innovación, tanto para a poboación escolar como para o público en xeral, a través dunha rede de educación e divulgación nos Camiños de Santiago, é o principal obxectivo do proxecto ‘Ciencia no Camiño’, unha iniciativa liderada pola Asociación Galega de Profesionais do Desenvolvemento Local (Afiprodel), na que, ademais de XuvenCiencia, tamén figuran como socios a Fundación Uxío Novoneyra e o Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da Coruña (UdC).

Universidade de Santiago de Compostela, 2021-04-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES