
Dirixida por Roberto Salgueiro, a Aula de Teatro Universitaria de Santiago de Compostela puxo en escena unha peza que recolle o que ocorre entre as páxinas 52 e 88 de La casa de la fuerza (Ediciones La uÑa RoTa, 2011, Segovia), unha aproximación á realidade das mulleres no século XXI con notas sobre a violencia e o fracaso do amor.
Tras esta actuación, o teatro volverá ao campus o mércores 12 de maio da man da Aula de Teatro Universitaria de Ourense. Maricastaña 2021, que porá en escena a obra Aínda que siga brillando a lúa. Dirixida por Fernando Dacosta, trátase dun texto que trasladará ao público a Marte, propoñendo unha reflexión sobre as consecuencias da colonización do planeta vermello: cambiar de mundo pode cambiar tamén ao ser humano.
Volve a música co concerto de Laura LaMontagne e PicoAmperio
Antes da volta do teatro, a programación cultural continuará co Festival Sonora, que como en cada edición trae novas propostas musicais. Os protagonistas do Sonora 2.1 son Laura LaMontagne e PicoAmperio, un dúo que dialoga coa tradición galego-portuguesa das cantigas de amigo e os ritmos electrónicos e que encherá a Cidade Universitaria de mesturas de voz, samplers, bases, scratch e loops en directo.
As persoas interesadas en acudir ás representacións teatrais e musicais deben reservar a butaca enviando un correo electrónico a extensión@uvigo.gal ou a través do teléfono 986.813.626 ata as 13.00 horas do día da función. A capacidade do Teatro Vidal Bolaño está agora limitada a 49 butacas e, en cada función farase unha listaxe das persoas asistentes que se gardará durante un mes por se fose necesario localizar a alguén.
A economía galega medrará catro décimas máis do previsto hai un ano, cando se elaboraron os orzamentos vixentes. Así se desprende do Informe sobre as previsións macroeconómicas que se incluirán nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2027, elaborado polo Instituto Galego de Estatística (IGE) e que hoxe foi avalado pola AIReF. Deste xeito, segundo constata o documento, Galicia medrará máis do previsto para este ano. Non en van, se en xullo, cando se aprobou o teito de gasto non financeiro, a Comunidade xa mellorou a previsión de crecemento que estaba nos orzamentos para este ano en dúas décimas, pasando do 1,9 % ao 2,1 %, agora volve a facelo, mellorando noutras dúas décimas (ata o 2,3 %) a previsión para o peche de 2026.