Notas de prensa

A Mostra de Teatro Universitario de Galicia 2021 bota a andarcoa obra 'A casa da forza'

A partir dun traballo de dramaturxia das páxinas 52 a 88 do texto A casa da forza da escritora, actriz e directora de escena Angélica Liddell, a compañía da Aula de Teatro da USC encargarase de subir o pano da Mostra de Teatro Universitario de Galicia 2021. A representación terá lugar este luns no Teatro Principal de Santiago de Compostela, e servirá de colofón ao trinta aniversario desta compañía teatral. O martes 4 será a quenda da compañía da Aula de Teatro do Campus de Lugo.

Aínda que siga brillando a lúa con dramaturxia de Fernando Dacosta e baseada en Crónicas marcianas de Ray Bradbury será a peza interpretada no Teatro principal o 5 de maio polo Grupo Maricastaña da Aula de Teatro Universitaria de Ourense. A Sala Roberto Vidal Bolaño acollerá a representación de Allora o venres 7 a cargo de LaBarata Produccións. No mesmo escenario, o sábado 8 de maio, Efecto Lamprea interpretará Pon pilas na conacha. A mostra pecharase o domingo 9 coa representación, a cargo da Aula de Teatro Universitaria do Campus de Vigo, da obra Tic Tac. Todas as representacións comezarán ás 20.30 horas e o despacho de entradas dará comezo ás 18.00 horas no Teatro Principal e, ás 19.30 horas, na Sala Roberto Vidal Bolaño.

V Mostra de Teatro Universitario de León

A compañía de teatro USC-Lugo presentará, pola súa parte, este domingo 2 de maio, a partir das 19.30 horas, no Teatro El Albéitar da Universidade de León, A Emperadora, no marco da V Mostra de Teatro Universitario de León. Esta peza é unha comedia negra baseada en feitos reais que recrea a existencia dunha aldea rural da provincia de Lugo cuxa vida se ve alterada polo pasamento dunha das súas veciñas. O velorio desta señora, que respondía ao alcume de ‘A Emperadora’ e non era especialmente querida pola veciñanza, prolóngase durante tres días e convértese nun fito de interese para multitude de persoas atraídas polos curiosos rumores da súa vestimenta.

A obra, na que interveñen un elenco de actores e actrices afeccionadas formado por Adrián Valdés, Ángela Oliveira, Julia Lacleta, Lucía Parga, María Rodríguez, Mariña Pena, Martina Gandoy e Michael Pereira, permite ao público e ás propias fillas da finada, descubrir a súa verdadeira identidade a partir dos testemuños e das anécdotas das persoas que visitan o seu cadaleito.

Universidade de Santiago de Compostela, 2021-04-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES