Notas de prensa

Dúas poéticas mozas feministas chegan dende Ourense e o Nepal ao ciclo POETAS DI(N)VERSOS

Mes a mes dende que botara a andar a súa 12ª edición o pasado outubro, continúa o Ciclo POETAS DI(N)VERSOS. Un luns de cada mes do curso, sobre o escenario do Centro Ágora séguense a xuntar as mellores voces poéticas de Galicia e do resto do mundo mesmo con todas as medidas de seguridade anti-Covid. Compensando mediante retransmisións por streaming as restricións de capacidade, o Servizo de Bibliotecas do Concello da Coruña segue a impulsar a poesía na voz dos seus propios autores e autora.

Ademais, retomarase neste trimestre primaveral a lectura do pasado marzo, adiada por mor do peche das fronteiras portuguesas que impediu viaxar á convidada de Lisboa. Polo tanto, non tres senón catro lecturas públicas de poemas, abertas e gratuítas, entre abril e xuño, conseguirán transmitir a propios e estraños toda a forza e emoción da palabra.

Así, a primeira das novas citas xuntará o vindeiro luns 26 de abril, ás 20h, dúas poéticas feministas mozas con ecos do ‘spoken word’: as da ourensá Arancha Nogueira e a nepalí Itisha Giri.

Unha libraría distinta das que serven de poesía á cidade da Coruña ofrecerá á venda, en cada acto, os títulos das plumas convidadas, dispostas a estampar neles as súas sinaturas. O amplo espazo do auditorio do Ágora reducirá a súa capacidade ao 30%, mais non se prevé que as 90 prazas permitidas acaben por deixar fóra ningunha persoa do público habitual deste ciclo. Un metro e medio de distancia en todas as direccións, xel hidroalcohólico e o uso continuado de máscaras serán outras das medidas que farán deste un evento cultural seguro. POETAS DI(N)VERSOS só interrumpiu as súas actividades durante o confinamento da pasada primavera, e recibiu en 2014 o Premio da Crítica de Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.

Poetas Di(n)versos, 2021-04-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES