Archivo (3 del 2021)

Buscador

Noticias

A directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta e o director de Incipit-CSIC presentaron os resultados das primeiras datacións nas terrazas da Ribeira Sacra que sitúan a súa orixe no século X e permiten reforzar a súa orixe e evolución histórica como paisaxe vitivinícola. Trátase dun estudo que permite achegar evidencias científicas da orixe destes elementos singulares da Ribeira Sacra.
As circunstancias excepcionais provocadas pola pandemia, que limitan os seus desprazamentos, ofrecen tamén unha oportunidade para observar de novo o que nos rodea, poñelo en valor e protexelo. Ese é o obxectivo da exposición Galicia a un paso de ti de Turismo de Galicia, que inauguraron o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Afundación, Miguel Ángel Escotet na sede de Afundación de Santiago de Compostela.
Vaise prorrogar a mostra 'Vestir épocas. 1860-1960. A colección González-Moro', que tiña previsto finalizar o 4 de abril, ata o 30 de maio no Museo de Belas Artes da Coruña. Trátase da segunda prórroga da exposición, que desde a súa inauguración, en outubro do ano pasado, recibiu preto de 7.500 visitas. Amplíase así a posibilidade de coñecer unha importante selección de máis de 300 pezas, entre obxectos e prendas de vestir.
O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle estes días os últimos ensaios da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), Terceiro acto, cuxa estrea está prevista para o 15 de abril. Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez dirixen esta peza con textos da súa autoría a partir de improvisacións co elenco, formado por Belén Constenla, Roberto Leal, Fernando Morán, Mabel Rivera e Eduardo R. Cunha Tatán.
A Xunta de Galicia recibiu un total de 57.330 doses da vacina de Pfizer e 3.220 da de Moderna. Da vacina de AstraZeneca non se recibiu ningunha dose.E sta semana, a Xunta de Galicia continuará coa vacinación das persoas de 80 e máis anos e de colectivos profesionais e persoas de profesións consideradas esenciais ata os 65 anos de idade. Continuarase, tamén, coa vacinación de grandes dependentes.
O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia organizará rutas e outras actividades de balde durante toda a Semana Santa para achegar os valores e a riqueza deste espazo natural a todo o público. Os arquipélagos de Cíes e de Ons se poderán visitar de xeito particular en transporte público ata o vindeiro domingo 4 de abril, un período no que a día de hoxe hai xa máis de 1.100 reservas confirmadas.
O Informe Xerf@ Formación e profesionalización aborda diferentes aspectos do traballo dos xestores culturais dos concellos galegos. No que se refire ao ámbito socioprofesional e laboral, o estudo constata que o persoal responsable da acción cultural ten un perfil heteroxéneo cunha crecente e progresiva incorporación de mulleres á profesión e unha vinculación laboral relativamente estable.
Nación ofrece unha pescuda sobre as galegas na segunda metade do século XX a través da historia da fábrica de porcelanas Pontesa. Homenaxea a todas as mulleres que converteron a factoría nun referente para a reivindicación dos dereitos femininos, intercalando imaxes de arquivo, testemuñas, reconstrucións ficcionadas e elementos da cultura popular.
Malia ser un referente da poesía xaponesa, Yasuhiro Yotsumoto plasma tamén a súa visión poética do mundo a través da fotografía. A mostra ‘Camiño’, que a partir do venres 26 de marzo e ata o 21 de maio poderá visitarse no Claustro Alto do Colexio de Fonseca, achega parte da procura íntima do eu integrado na natureza. Nado en Neyagawa, o primeiro poemario de Yotsumoto (Warau bagu ‘O bug que ri’) foi publicado en 1991.
Coñecer a percepción que os nenos e nenas de primaria teñen das matemáticas, tendo en conta o nesgo de xénero existente nunha disciplina na que o número de investigadores é moi superior ao de investigadoras, era o cometido central do estudo que o grupo de innovación docente MaReMa (Materiais e Recursos en Matemáticas) desenvolveu no marco da Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo.
« Anterior | 1  de  5 | Siguiente »

Archivo

2021 (121)

2020 (459)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania