
A mostra, que estará na cidade compostelá ata o vindeiro 15 de maio, retrata a través de máis de 200 imaxes do fotógrafo Adolfo Enríquez a natureza e o patrimonio histórico de Galicia converténdose nunha invitación aos galegos a redescubrir o seu territorio. Así o destacou o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, quen destacou a oportunidade de confirmar que somos privilexiados por vivir no mellor lugar do mundo, nun destino con tantos recursos turísticos dos que esta mostra plasma algúns exemplos das marabillas e tesouros da comunidade.
Nesta liña, lembrou que o turismo interno está a ser clave na reactivación do turismo galego, motivo polo cal a Xunta aposta por programas destinados a inxectar liquidez ao sector como a ampliación do Bono Turístico #QuedamosenGalicia, que se estenderá a toda a poboación galega, ou a renovación de Elixe Galicia, con paquetes turísticos para animar aos galegos a coñecer a súa propia terra. Deste xeito, Alfonso Rueda sinalou a necesidade de fomentar a mensaxe de Galicia como un destino seguro e de calidade para que cando a situación sanitaria o permita, turistas e peregrinos poidan visitar a comunidade, ao igual que están facendo os propios galegos.
O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet inauguraron esta mañá a mostra, que percorrerá posteriormente outras sedes da Obra Social de ABANCA nas cidades galegas. Ao acto tamén asistiron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o director xerente de Afundación, Pedro Otero e Adolfo Enríquez, fotógrafo autor das imaxes da exposición.
A mostra de Turismo de Galicia xira arredor de tres piares fundamentais: natureza, patrimonio e Camiño de Santiago. Esta diversidade permite descubrir instantáneas da Galicia interior bañada por mil ríos, das súa praias e dos seus parques naturais, do Parque Nacional das Illas Atlánticas, pero tamén das rutas xacobeas e a zona histórica de Compostela ou monumentos como a Muralla de Lugo ou da Torre de Hércules, declarados todos eles pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, ademais dunha multitude de imaxes das da gastronomía, das festas ou os costumes conservado ao longo dos séculos, nunha simbiose perfecta de tradición e modernidade.
As 216 imaxes son unha mostra representativa de todo o esplendor de Galicia, que serven para cautivar a quen non a coñece e para convidar a quen a habita a descubrir pequenos paraísos que están apenas a uns pasos.
O autor
As imaxes da mostra pertencen ao fotógrafo Adolfo Enríquez (Porto do Son, 1965), que empezou na fotografía aos 14 anos ata converterse nun nomeado profesional cunha gran paixón polos escenarios naturais de Galicia. Unha devoción plasmada en guías e revistas de viaxes; exposicións en varios continentes, e nos libros Cara a Santiago e Sinte Galicia.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.