
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado polo director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asistiu hoxe na Coruña á preestrea do filme Nación, obra da directora Margarita Ledo que conta co apoio do programa de subvencións á produción audiovisual da Xunta de Galicia. A película, gañadora do Premio á Mellor Dirección de Película Española no Festival de Cine de Sevilla e do Premio Cineuropa 2020 á súa autora pola súa traxectoria, é candidata a mellor documental e música orixinal nos Premios Mestre Mateo 2021.
Nación ofrece unha pescuda sobre as galegas na segunda metade do século XX a través da historia da fábrica de porcelanas Pontesa. Homenaxea a todas as mulleres que converteron a factoría nun referente para a reivindicación dos dereitos femininos, intercalando imaxes de arquivo, testemuñas, reconstrucións ficcionadas e elementos da cultura popular.
O documental, que ten prevista a súa estrea en cines comerciais de toda España este venres 26, é un dos beneficiarios das axudas á produción ou coprodución do Goberno autonómico cunha achega de máis de 78.000. Dentro desta mesma convocatoria, a Xunta contribúe á posta en marcha de 17 novos filmes, dos que seis son longametraxes, catro curtametraxes e unha serie de televisión, que supón un investimento que mobiliza 5,3 millóns de euros na industria audiovisual.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.