Archivo (10 del 2021)

Buscador

Noticias

'As mulleres que nos levaron á lúa' é o título dunha exposición presentada este xoves e coa que a Universidade de Vigo, co apoio da Deputación de Ourense, pretende impulsar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado feminino, poñendo de relevo o traballo das mulleres que hai 50 anos foron claves para o éxito da misión do Apolo XI e a chegada da primeira persoa á lúa.
A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acolle xoves e venres a duodécima edición do congreso Small Cinemas, que leva por título ‘Do celuloide ao streaming: conservación e circulación dos pequenos cinemas’. Organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais e celebrada por primeira vez en Galicia, esta conferencia internacional reúne participantes de máis de 20 universidades e outras institucións.
A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega recoñecer como Mestras e Mestre da Memoria 2021 respectivamente a Teresa dos Cucos e Aurelio Ramos Ogando, polas súas achegas á mesma ao longo das súas vidas, contribuíndo así a manter viva unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e o saber popular. As distincións entregaranse no marco da VI Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria a celebrar en Lugo.
Despois duns meses marcados pola pandemia, a música volve a formar parte da programación cultural do campus de Pontevedra, da man do ciclo de concertos impulsado pola Vicerreitoría e a Concellaría de Promoción Económica e Universidades, ao abeiro dun convenio para o desenvolvemento de actividades nos ámbitos da cultura, educación, deporte, medio ambiente e novas tecnoloxías.
O camiño cara á normalización do galego na contorna dixital que promove o ‘Proxecto Nós’ ábrese paso a través dunha primeira dotación que permitirá o inicio do proceso de deseño e planificación de accións. O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a directora da Amtega), Mar Pereira Álvarez, informaron sobre o convenio que formaliza a primeira inxección económica do proxecto.
Pór freo aos estereotipos de xénero e á falla de referentes femininos en ciencia e tecnoloxía son os principais obxectivos de ‘Unha enxeñeira ou científica en cada cole’, unha actividade desenvolvida ao abeiro do convenio de colaboración en materia de xénero da USC e o Concello de Santiago que chega en 2021 á súa sexta edición.
A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña en colaboración co Campus Innova organiza as Xornadas UDC de Desenvolvemento de Videoxogos 2021. Do 2 ao 8 de novembro, numerosos profesionais da industria española abordarán distintos aspectos como o deseño, a narrativa, o estado da industria ou o márketing de videoxogos.
Institucións e universidades americanas e europeas detectaron por primeira vez unhas partículas producidas en colisións nucleares cobre-ouro no acelerador Relativistic Heavy Ion Collider (RHIC) do Brookhaven National Laboratory (EEUU) con ata máis dun 50% da enerxía dispoñible nos nucleóns ‒protóns e neutróns‒ dos núcleos atómicos acelerados na colisión.
O proceso penal español está a vivir unha época de transformación co Anteproxecto de LECrim aprobado polo Consello de Ministros o 24 de novembro de 2020, unha proposta lexislativa que trata de substituír 'á nosa vetusta Lei procesual penal, vixente desde 1882', como explica a catedrática de Dereito Procesual da UVigo, Esther Pillado González.
O Instituto da Lingua Galega (ILG) pon o colofón á semana da celebración dos seus 50 anos de historia cunha homenaxe a tres dos seus máis senlleiros investigadores: Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González. Ao longo de catro xornadas interviñeron diversos colaboradores do ILG de universidades de Galicia, Portugal, Brasil e Suíza e tres investigadores novos da institución.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (127)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES