Trataranse cuestións como o impacto do streaming nos pequenos cinemas, o papel do circuÃto de festivais no seu posicionamento, a efectividade das polÃticas públicas para promovelos ou as posibilidades dos arquivos institucionais e comunitarios para conservar este cinema, con achegas que analizan casos de cinematografÃas como a galega, a polaca, a vasca ou a chilena, en moitos casos marcadas pola presenza de linguas minorizadas. O congreso conta co apoio da Deputación da Coruña, da ConsellarÃa de Cultura, Educación e Universidade, e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
No acto inaugural do congreso participaron a vicerreitora de Titulacións e Captación Internacional, MarÃa José López Couso, o decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Ramón Pousa Estévez e a coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo Andión. A investigadora e cineasta avanzou que o evento permitirá afondar na “pervivencia e visibilidade destes cinemas, en como colocar as pequenas producións, moi frecuentemente con forte vocación artÃstica e experimental, creadas con orzamentos limitados e con equipas pequenas, nun mapa cada vez máis competitivo”. Ao presentar os obxectivos da edición, Ledo Andión puxo o foco na necesidade de que academia e institucións atendan “ese público potencial para os filmes en linguas veladas, ese público sometido por largo tempo a modos de distribución espacial e a unha secuenciación temporal a partir do day and date que define a industria coa súa aparición continuada de novos tÃtulos con rápida obsolescencia”.
O programa: do pasado ao presente, do local ao global
A conferencia inaugural do xoves mirou cara ao traballo de Dinamarca coa súa memoria audiovisual a través da recuperación de filmes de mediados do século XX, e da man de Claire Thomson, experta en cinema danés e catedrática do University College de Londres. A sesión contou tamén coa réplica de Mette Hjort, catedrática da Hong Kong Baptist University e unha das figuras clave no campo dos pequenos cinemas.
O venres 29 comeza coa conferencia maxistral de Elena Neira, profesora da Universitat Oberta de Catalunya e destacada especialista nos novos modelos de distribución audiovisual, sobre os que ten publicado libros como Streaming Wars: la nueva televisión. O seu relatorio céntrase na procura de públicos para os filmes pequenos na era posterior á pandemia.
Os retos da difusión e a conservación
O Small Cinemas 2021 cubrirá moitos outros retos relativos á difusión e a conservación do cinema periférico. A maior parte do programa estará ocupada por paneis nos que se presentarán investigacións sobre cuestións como a accesibilidade do éuscaro nas plataformas de VOD, fenómenos como o Novo Cinema Galego e o New Galician Noir, os efectos da pandemia e o streaming na exhibición cinematográfica en América Central ou a relación entre o cinema uruguaio e as industrias audiovisuais europeas. A maiores destas achegas, participarán no congreso membros de proxectos como a rede de cinemas alternativos dos paÃses árabes NAAS, Nitrato Argentino (que traballa na preservación de cine dos primeiros tempos), a iniciativa de recuperación da memoria do textil Històries del Punt ou o Proxecto Socheo, que busca localizar, estudar e difundir o patrimonio audiovisual da Guarda e o Baixo Miño.
Esta atención ao labor dos arquivos e o traballo co patrimonio audiovisual de nacións situadas fóra dos grandes circuÃtos internacionais da industria cultural complétase con outras dúas actividades. A primeira é unha mesa de debate que reunirá a Esteve Riambau (director da Filmoteca de Catalunya), Joxean Fernández (director da Filmoteca Vasca), Jaime Pena (programador da Filmoteca de Galicia) e Tiago Baptista (conservador da Cinemateca Portuguesa) para tratar o papel das filmotecas dos pequenos cinemas. A segunda é a proxección do filme galego Os dÃas afogados, que traballa coas imaxes gravadas polos veciños de Aceredo e Buscalque (Ourense) das súas propias aldeas antes de ser anegadas pola construción do encoro de Lindoso. Os directores César Souto Vilanova e Luis Avilés Baquero pecharán o Small Cinemas 2021 participando nun coloquio arredor deste filme premiado cun Mestre Mateo ao Mellor Documental.
O ciclo xa ofreceu xa en marzo e abril as actuacións de Andhrea & The Black Cats na Pecera de Vigo e na Pousada da Galiza Imaxinaria, de Sabela King & The Heartbreakers e The Lakazans en La Room, de Ferrol, e continuará mañá venres 22 de maio co concerto de Berlai na sala boirense. A programación seguirá o 30 de maio con Habelas Hainas, na sala Guión de Pontedeume; o 13 de xuño con Cachas & Cousins, no Club Clavicémbalo, de Lugo; o 1 de agosto con Habelas Hainas, na Arca da Noe, de Vilar de Santos; o 11 de setembro con Sacha na Horta, no Club Clavicémbalo; o 10 de outubro con Blues do PaÃs e O Sindicato da Verbena, na Arca da Noe; o 24 de outubro con The Lakazans e o 28 de novembro con Habelas Hainas, estas dúas últimas no Pub Gatos, de Melide.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, denunciou que o Goberno central está a comprometer a viabilidade das explotacións gandeiras coa súa postura sobre a protección do lobo. Durante unha visita que realizou en Vilalba a unha explotación gandeira en extensivo que sufriu varios ataques de lobo, a conselleira explicou que o sector gandeiro está a sufrir as consecuencias do empeño do Ministerio para a Transición Ecolóxica en que o estado de conservación desta especie sexa desfavorable.