Notas de prensa

A UDC reúne nas Xornadas de Desenvolvemento de Videoxogos 2021 a numerosos profesionais da industria española

A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña en colaboración co Campus Innova organiza as Xornadas UDC de Desenvolvemento de Videoxogos 2021. Do 2 ao 8 de novembro, numerosos profesionais da industria española abordarán distintos aspectos como o deseño, a narrativa, o estado da industria ou o márketing de videoxogos.

O evento contará coa participación do fundador e director do Congreso Internacional de Animación, Efectos Visuales y Nuevos Media “Mundos Digitales” e do vicepresidente de Desarrollo da Asociación Española de Videojuegos (AEVI), así como representantes de King, Troglobytes Games, Out of the Blue Games e Ubisoft.

Todas as charlas serán de acceso libre e a maioría realizaranse en liña podéndose seguir nas ligazóns que se atopan habilitadas no programa da páxina web do evento: https://jornadasudcvideojuegos2021.wordpress.com/

Universidade da Coruña, 2021-10-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES