Notas de prensa

Unha exposición visibiliza ás 'mulleres que nos levaron á lúa'

'As mulleres que nos levaron á lúa' é o título dunha exposición presentada este xoves e coa que a Universidade de Vigo, co apoio da Deputación de Ourense, pretende impulsar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado feminino, poñendo de relevo o traballo das mulleres que hai 50 anos foron claves para o éxito da misión do Apolo XI e a chegada da primeira persoa á lúa.

A mostra foi presentada no Centro Cultural Marcos Valcárcel coa presenza do vicepresidente da Deputación, César Fernández; a deputada de Igualdade, Luz Doporto; e as promotoras desta iniciativa: Nieves Lorenzo e Inés Ãlvarez, profesoras do campus de Ourense; Encina Calvo, da Universidade de Santiago de Compostela, e a ilustradora da mostra Manuela Elizabeth Rodríguez “MeliMolita”. No acto, Nieves Lorenzo, profesora da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus, explicou que a idea desta exposición ten como punto de partida a inquedanza do profesorado universitario pola escasa presenza de mulleres nos graos científicos e tecnolóxicos e a falta de referentes femininos nestas disciplinas, así como polo éxito doutra mostra, Mulleres na Ciencia, organizada polas promotoras desta nova iniciativa trala declaración, por parte da ONU, do 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Na actualidade, lembrou a profesora, “unha de cada cinco persoas que traballan na industria aeroespacial son mulleres, das que só o 15 % cursan estas titulacións, cando esta enxeñaría, xunto coa de Informática, son profesións de futuro nos ámbitos tecnolóxicos e da innovación que, ademais, poden estudarse no campus ourensán”. Pola súa banda, César Fernández puxo en valor “a innegable presenza activa da muller na historia da ciencia, pero que cómpre visibilizala”, sinalando que precisamente o mes de novembro, que está a piques de comezar, “é moi simbólico e significativo en tanto que a invisibilidade da muller tamén pode interpretarse como un xeito de violencia”.

Referentes femininos

Na mostra, explican as súas promotoras, ponse de relevo o traballo das mulleres que hai 50 anos foron claves para o éxito da misión do Apolo XI e a chegada da primeira persoa á lúa, visibilizando referentes femininos en ámbitos de futuro como a enxeñería aeroespacial. Consta de doce paneis, con textos e ilustracións, nos que se recolle a biografía e logros do equipo de enxeñeiras, matemáticas, físicas e informáticas que tiñan como misión vixiar e preparar os cálculos de traxectoria, programación dos ordenadores e mesmo a alimentación dos astronautas que viaxaron ao espazo no Apolo XI. Entre os nomes incluídos están os de Annie Eeasley, Jeanne Lee Crews, Mary Sherman, Galina Balashova e Christine Darden. "Neste proxecto preténdese achegar ao alumnado, e en xeral á sociedade, o traballo das mulleres que permitiron que o ser humano viaxase ao espazo. Para iso imos tentar sacar á luz o traballo daquelas mulleres que, aínda que quizais non dunha forma tan visible como o astronauta Neil Armstrong, si foron claves no éxito da misión do Apolo XI e do resto de misións espaciais. Así coñeceremos a enxeñeiras, físicas, fisiólogas, astronautas, enxeñeiras informáticas...", indican desde a súa organización.

"Con este proxecto pretendemos axudar a rachar cos estereotipos sexistas que aínda hai na nosa sociedade e contribuír a aumentar a representación feminina no ámbito CTEM, o que será beneficioso para as mulleres, xa que aumenta as súas oportunidades de traballo e de participación nos avances e as decisións do futuro tecnolóxico, e beneficia tamén a nosa sociedade, porque a diversidade fomenta a innovación", sinalan as promotoras do proxecto. A exposición, que conta tamén co apoio da Unidade de Igualdade da UVigo, permanecerá exposta no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o 5 de novembro, para despois iniciar o seu periplo itinerante polos centros educativos da provincia, atendendo todas as solicitudes que se rexistren a través do sitio web exxperimentaenfeminino.uvigo.gal

Universidade de Vigo, 2021-10-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES