Notas de prensa

Detectadas unhas partículas moi enerxéticas preditas por investigadores do IGFAE hai 25 anos

Institucións e universidades americanas e europeas detectaron por primeira vez unhas partículas producidas en colisións nucleares cobre-ouro no acelerador Relativistic Heavy Ion Collider (RHIC) do Brookhaven National Laboratory (EEUU) con ata máis dun 50% da enerxía dispoñible nos nucleóns ‒protóns e neutróns‒ dos núcleos atómicos acelerados na colisión.

Dese xeito, as partículas producidas son de novo aceleradas. Este descubrimento experimental confirma a predición teórica feita hai 25 anos no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto de investigación da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, polos investigadores Néstor Armesto, Elena G. Ferreiro, Carlos Pajares, Mikhail Braun e Yuly Shabelski (estes dous últimos actualmente na Universidade de San Petersburgo). Os resultados enviáronse á revista Physical Review C e están pendentes de publicación.

“As implicacións deste achado -explica Elena G. Ferreiro- poden supoñer un cambio nos modelos actuais utilizados para explicar a composición e formación dos raios cósmicos, xa que estas partículas ultra enerxéticas, poderían formarse na atmosfera”. A investigadora tampouco descarta a posibilidade de que puideran descubrirse novas partículas. Cando hai moitas colisións entre os nucleóns dos núcleos atómicos prodúcense efectos entre os seus constituíntes – os quarks- que posibilitan a produción de partículas máis enerxéticas que a que teñen os nucleóns individuais. Por este motivo, este efecto foi denominado QCD accelerator ou acelerador da Cromodinámica Cuántica (QCD, polas súas siglas en inglés), a teoría que explica a interacción forte ou o comportamento entre os quarks e os gluóns.

Ata o de agora, as evidencias foron moi débiles e as incertezas demasiado altas como para validar o modelo teórico predito polos investigadores do IGFAE. Non obstante, con estas novas medicións, as primeiras en colisións de núcleos tan pesados o ouro e o cobre, confírmase a predición.

Universidade de Santiago de Compostela, 2021-10-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES