Archivo (1 del 2021)

Buscador

Noticias

Baixo o nome de Dixitou, un equipo multidisciplinar da Universidade de Vigo está a desenvolver un proxecto de análise e prevención de condutas aditivas e de risco da mocidade nas redes sociais. Nel, persoal docente e investigador da Facultade de Educación e Traballo Social e da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense suman esforzos para coñecer se o uso das novas tecnoloxías está sendo o máis axeitado por parte da mocidade.
O Instituto da Lingua Galega (ILG) organiza o seu simposio anual dedicado nesta edición baixo o lema ‘Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas’ que se desenvolverá de xeito virtual o vindeiro 8 de febreiro. Este foro que tocaría celebrar en 2020 tivo que posporse, debido á situación extraordinaria creada pola pandemia mundial e por tal motivo celébrase neste ano 2021.
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, e a Asociación de Economía Crítica organizan, integramente en liña os días 4 e 5 de febreiro, as Xornadas de Economía Crítica (JEC), un espazo de encontro aberto que conta xa con tres décadas de traxectoria. Nesta ocasión, as xornadas desenvólvense baixo o lema ‘Emerxencias, Transicións e Desigualdades Socioeconómicas’.
A versión en galego da obra orixinal de Santiago Cortegoso O charco de Ulises, realizada para o espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG), constitúe o sexto número da colección editorial O Papel do Teatro, coa que se lle dá difusión aos textos das producións propias da compañía pública galega. A publicación, promovida en réxime de coedición entre a Xunta de Galicia e a editorial compostelá Positivas, preséntase nun formato de peto de 100 páxinas.
A longametraxe documental ‘Nación’ dirixida por Margarita Ledo, acaba de recibir o distintivo de película ‘Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero’ do Ministerio de Cultura e Deporte. ‘Nación’ reivindica a loita obreira dende o punto de vista das mulleres, tendo en conta as implicacións que supuxo a súa incorporación á forza de traballo, en tempos convulsos para o sector fabril a través das enérxicas mulleres da fábrica de cerámica de A Pontesa.
A Universidade da Coruña forma parte xa da Red de Unidades de Cultura Científica y de la Innovación (Red UCC+i) da Fundación para la Ciencia y la Tecnología do Ministerio de Ciencia e Innovación, como membro acreditado. A pertenza a esta rede contribuirá a potenciar a divulgación e a comunicación da ciencia que se produce no ámbito da UDC. A Universidade ten unha Unidade de Divulgación Científica e Cultural que coordina a profesora Mª Cristina Naya Riveiro.
Debido á situación sanitaria provocada pola covid-19, a programación de proxeccións de documentais da iniciativa Docs del mes pasa no campus de Ourense a ser exclusivamente virtual. As persoas interesadas poderán solicitar de balde o acceso a cada sesión deste ciclo de cinema documental coordinado pola compañía Parallel 40, que programa cada ano o visionado de dez filmes en máis de 70 cidades españolas.
A vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade, María José Lombardía Cortiña, presentou este martes, de xeito telemático, a XI edición do programa Explorer “Jóvenes con Soluciones”, unha iniciativa de emprendemento universitario que promove o Banco Santander e dirixe o Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE).
Explicar a relación entre literatura e os espazos, e definir a relación entre literatura e actitudes, son dous dos cometidos de A vila imaxinada, o novo proxecto publicado pola Asociación de Escitoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) destinado ao estudantado galego para o seu uso nas aulas, que conta co respaldo da Deputación da Coruña.
Dende o pasado outubro continúa adiante o Ciclo POETAS DI(N)VERSOS do Concello da Coruña: a cita mensual coa mellor poesía de Galicia e de fóra dela que desenvolve ao longo de todo este curso a súa 12ª edición. Encarando agora o seu trimestre invernal, a coidada programación poética reúne no Auditorio do Centro Ágora tres novos poetas galegos de recoñecido prestixio a carón de autores nacidos no Reino Unido, en Cuba e mais en Portugal.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (127)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES