
Esta profesora considera que a incorporación da UDC a esta rede é un recoñecemento ao traballo de toda a comunidade académica e debemos seguir apostando polas actividades de divulgación e comunicación científica.
Sobre FECYT
A Fundación Española para la Ciencia y Tecnología (FECYT) é unha fundación pública dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación que ten como obxectivo reforzar o vínculo entre ciencia e sociedade mediante accións que promovan a ciencia aberta e inclusiva, a cultura e a educación científicas, dando resposta ás necesidades e retos do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación. Máis info: https://www.fecyt.es/es/ciencia-para-todos
Sobre Red UCC+i
As Unidades de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) actúan de intermediarias entre as institucións que as acollen e os cidadáns co obxectivo principal de promocionar a cultura científica, tecnolóxica e da innovación, a través de actividades de diversa tipoloxía: comunicación científica, divulgación, formación, etc.
Foto: Imaxe de arquivo da iniciativa Conversa coa UDC que a Unidade de Divulgación Científica e Cultural puxo en marcha no ano 2019. Nesta actividade, realizada nunha cafetería da Coruña, investigadores da UDC explicaban ao público xeral os seus proxectos científicos. Neste caso, Fernando Varela, doutorando da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, comentou a súa experiencia no proxecto Horvital.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno autonómico prevé publicar antes de que remate o ano a nova normativa de desenvolvemento do decreto de FP, aprobado este ano, para actualizar os currículos destas ensinanzas e incorporar tres novas figuras docentes. Así se recolle nos informes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP , que abordan tanto esta nova regulación como o lanzamento da primeira convocatoria do selo Empresa comprometida coa FP dual, un distintivo para recoñecer ás empresas máis implicadas con estas ensinanzas, que acreditará o seu traballo e que implicará beneficios.
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).