
No acto, que se puido seguir a través da plataforma Teams, participaron o director de Institucións Territoriais de Galicia do Banco Santander, Luis Pernas Hermida, o presidente da delegación coruñesa da Asociación de Seniors Españois para a Cooperación Técnica (SECOT), Gonzalo Arias Barrientos, e os coordinadores do UDC Explorer Space nos campus da Coruña e de Ferrol, José Rodrigo Sanjurjo Amado e Inma Muñoz Pliego, respectivamente.
O programa Explorer Jóvenes con Soluciones está dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 31 anos que, ao longo de 12 semanas de formación en liña, traballarán nun proxecto da súa elección para atopar unha solución sólida, viable e sustentable enfocada a resolver problemas relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) 2030 fixados polas Nacións Unidas, tales como a fin da pobreza, unha educación de calidade, a igualdade de xénero, unha enerxía alcanzable e non contaminante, un traballo digno, a redución de desigualdades, a promoción de cidades e comunidades sustentables, a produción e o consumo responsable, accións polo clima e a creación de alianzas para acadar obxectivos comúns.
Nesta XI edición, serán un total de 53 mozos e mozas, maioritariamente alumnos e exalumnos da Universidade da Coruña, quen reciban a correspondente formación en liña no UDC Explorer Space do Campus da Coruña e, por primeira vez, no de Ferrol. Os seus proxectos serán mentorizados por persoal docente e investigador da UDC e máis por varios integrantes da delegación coruñesa da Asociación de Seniors Españois para a Cooperación Técnica (SECOT). Os integrantes dos dous proxectos mellor valorados, un por cada UDC Space Explorer, viaxarán ata Lisboa onde continuarán formándose nun HUB de innovación europeo a partires de xullo de 2021.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.