
O tema proposto para pon o foco nos procesos de estandarización, e conta para a súa realización coa colaboración da rede de Estandarización Comparada das Linguas de España (ECLE).
Coma sempre, no centro do Simposio está o idioma galego, pero ofrécense referentes comparativos, tanto con linguas en situación subordinada ou en proceso de normalización, canto coas linguas da contorna máis próxima e cun parentesco máis estreito, explican dende o ILG. A inscrición neste foro permanece aberta ata o vindeiro 4 de febreiro e pode formalizarse a través desta ligazón. En todo caso, pecharase a inscrición no momento en que se alcance o número máximo de 200 prazas ofertadas, as cales cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Tendo en conta as condicións extraordinarias da pandemia por mor da COVID-19, o simposio realizarase mediante intervencións gravadas e posteriores coloquios en liña, aínda que contará tamén con dúas sesións presenciais que se celebrarán no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e que serán transmitidas en directo.
Programa
Os relatorios ofrecerán un estado da cuestión da estandarización, os seus problemas e as súas perspectivas, alén de botar olladas diferentes e novas sobre o estándar e os procesos de estandarización e os seus distintos modelos de construción. Nesta liña, a reconfiguración dos repertorios e rearticulación da arquitectura dos sistemas lingüísticos (monocentrismo/pluricentrismo) e as súas consecuencias, as tendencias cara á des-estandarización, ou mesmo sobre as problemáticas de tipo social, ideolóxico ou identitario que se relacionan co estándar e a estandarización serán cuestións abordadas no simposio, alén das olladas comparativas entre distintos procesos de estandarización.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.