Archivo (8 del 2020)

Buscador

Noticias

A Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña presenta para esta edición un formato dual que combinará actividades presenciais con diversos contidos deseñados exclusivamente para a rede. O festival inspírase no programa de referencia para a comunidade do cinema experimental 'Screening Room', emitido nos anos 70, para crear un dos seus formatos online estrela desta edición: 'Camera Obscura'.
A Xunta ven de abrir o prazo para solicitar as axudas do novo programa de formación Sénior dixital, dirixido a desempregados de longa duración maiores de 45 anos. É unha iniciativa que responde aos Acordos do Diálogo Social asinados entre o Goberno galego, a Confederación galega de Empresarios (CEG), CCOO e UGT, dentro dun plan de recualificación profesional que favoreza a incorporación ao mercado laboral das persoas con máis dificultades para atopar un posto de traballo.
Elaborado polo Grupo de Análise e Modelización Económica da USC (GAME), o informe 'Avaliación e análise do potencial do Camiño de Santiago-Vía da Prata para o desenvolvemento sostible a escala local' achega un conxunto de propostas de actuación que buscan facilitar a toma de decisión cara unha mellor ordenación e dinamización de Galicia no relativo ao Camiño de Santiago.
Este intercambio de información enmárcase na colaboración que tradicionalmente manteñen Galicia e Portugal e que cobra agora unha especial relevancia por mor da loita contra a covid-19. Dada a estreita relación entre ambos territorios e o continuo tránsito de viaxeiros, o coñecemento mutuo das respectivas situacións epidemiolóxicas será unha ferramenta mais para adoptar con maior rapidez as medidas sanitarias máis axeitadas.
Este encontro destaca pola súa relevancia como punto de encontro para os profesionais do oficio da olería e cerámica galegos, do resto de España e Portugal, e como dinamizador económico e cultural da comarca e do sector artesanal. Neste encontro haberá demostracións e venda de produtos de 23 expositores do oficio da olería e cerámica.
Vilagarcía voltará a encherse de risas e espectáculo nunha edición que durará toda unha semana para gardar as debidas precaucións que marcan as autoridades sanitarias, e como aseguran dende a organización “Os espectáculos e festivais están mudando coa pandemia, a nova normalidade altera a interacción co público que tanto define ao clown, pero temos experiencia e solvencia suficiente como para adaptarnos e reinventarnos sen perder a nosa esencia.”
'Antropoloxía visual dunha sociedade confinada' está composta por 27 fotografías e dous vídeos realizados durante o confinamento derivado da pandemia da covid-19. Unha experiencia inédita na nosa sociedade que ten producido enormes cambios e con consecuencias e implicacións perdurables aínda por explorar.
Galicia acaba de despedir un mes de xullo caracterizado polos valores extremos, con temperaturas máis altas do habitual, especialmente no que respecta ás máximas, e durante o que apenas se rexistraron precipitacións. Así se desprende do avance do informe climatolóxico de MeteoGalicia, que sitúa no ano 1986 o precedente máis seco para este mesmo período na Comunidade.
En 1986 nacía o Festival Noroeste Estrella Galicia como unha posta en valor das bandas locais. Co tempo, a cita foi ampliando fronteiras musicais ata facerse cun nome propio no panorama estatal e contar con artistas de talla internacional. Este ano marcado pola pandemia o Concello da Coruña optou por manter a cita reformulándoa cun cartel integrado por artistas galegas que, por outro lado, sempre estiveron presentes.
O Gaiás anima ás familias a gozar na Cidade da Cultura de Galicia dun Agosto monicrequeiro con tres das mellores compañías de marionetas galegas: Baobab Teatro, Tanxarina Títeres e Os monicreques de Kukas que actuarán no Xardín do Teatro os mércores 5, 12 e 19 de agosto, respectivamente, ás 19,00 horas. A entrada é de balde, e con capacidade limitada para cumprir co protocolo de seguridade sanitaria da covid-19.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (130)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES