Notas de prensa

Amy Alpern, Tomonari Nishikawa, Alexandre Larose, Valentina Alvarado e Luther Price, primeiros protagonistas do (S8)

A Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña presenta para esta edición un formato dual que combinará actividades presenciais con diversos contidos deseñados exclusivamente para a rede. O festival inspírase no programa de referencia para a comunidade do cinema experimental 'Screening Room', emitido nos anos 70, para crear un dos seus formatos online estrela desta edición: 'Camera Obscura'.

O (S8) Mostra Internacional e Cinema Periférico celebrará entre o 27 de setembro e o 3 de outubro a súa undécima edición explorando un novo formato dual. Nel combinará diversas performances, encontros e proxeccións na cidade da Coruña cunha serie de formatos deseñados para a súa emisión a través da web e as redes sociais do festival.

Nesta edición dual, a Mostra amosará máis que nunca o seu carácter internacional: chegará a todos os rincóns do mundo con contidos en galego, castelán e inglés e reforzará especialmente o seu carácter divulgativo. “O (S8) non perderá a súa esencia e continuará a ser un punto de encontro da a comunidade e un espazo para o descubrimento e inspiración de cineastas e artistas. O único que cambiará é que, nesta ocasión, espallaremos os contidos do festival por todo o mundo”, afirma Ãngel Rueda, director do festival. Deste xeito, a formación de públicos e a descuberta de creadores e creadoras continuarán a ser dous dos eixos principais da programación do evento.

O festival contará con seccións xa coñecidas polo público -Xerme, Sinais, Sinais en Curto, Desbordamientos…- pero tamén incorporará varios formatos e contidos novos creados en exclusiva para esta edición. É o caso de Camera Obscura, un novo espazo na rede que nace tomando como referencia o coñecido programa de cine experimental Screening Room. Por este programa, presentado por Robert Gardner de 1972 a 1981 na televisión pública de Boston, pasaron os máis relevantes cineastas de vangarda do seu tempo, a quen o conductor entrevistaba en profundidade ofrecendo tamén aos televidentes a oportunidade de coñecer a súa obra emitindo algunhas das súas pezas. Neste 2020 e pensando en novos xeitos de difundir o cinema experimental, o (S8) recolle o testemuño de Screening Room para crear Camera Obscura, un programa emitido en streaming e cun formato renovado que contará cunha estética peculiar e unha clara vocación creativa.

Camera Obscura: os protagonistas

Neste Camera Obscura, o público poderá coñecer a fondo os procesos de traballo de cineastas como Amy Halpern, Tomonari Nishikawa, Alexandre Larose e Valentina Alvarado, repasando a súa obra a través do visionado online dalgunhas das súas películas. Ademais, nesta sección tamén haberá oco para lembrar a traxectoria dunha das personalidades máis especiais que pasaron polo festival: o recentemente falecido Luther Price.

A través da guía de Ed Halter (Light Industry, Bard College), un dos principais promotores da súa obra, e da entrevista inédita realizada a Price durante a súa estancia na Coruña no 2017, neste Luther Price. In memoriam descubriremos máis facetas do traballo do cineasta: desde as súas primeiras películas no seu formato orixinal de super 8, ata o seu último traballo en 16mm. Este programa completarase cunha sesión especial e presencial en sala de cine na que se proxectarán dúas das primeiras películas de Price -Warm Broth e Green- , realizadas baixo o pseudónimo que utilizou nos seus primeiros anos como creador: Tom Rhoads. Co propio Price como intérprete de varios personaxes, as películas relatan unha sucesión de estampas arredor do soño doméstico americano na súa versión creepy.

Amy Halpern tamén será unha das protagonistas deste novo programa do festival. Esta cineasta radicada en Los Ãngeles comezou a facer cine nos primeiros setenta e formou parte da escena de danza contemporánea de Nova York da década seguinte. A carreira de Halpern pasa por ser creadora de películas en 16 mm caracterizadas por unha potentísima carga sensorial pero tamén por participar nos equipos de fotografía de varias superproducións de Hollywood.

No ano 2015, o (S8) artellaba a súa programación arredor dun país, Xapón. Naquela 5ª edición a Mostra afondou na cultura cinematografica xaponesa poñendo o foco no colectivo [+] de Tokio, e traendo ata A Coruña a Rei Hayama, Takashi Makino e Shinkan Tamaki, tres dos seus membros fundadores. O cuarto deles, Tomonari Nishikawa, será un dos protagonistas do Camera Obscura que o festival propón para esta edición, pechando así o círculo por completo. Nishikawa, que traballa todos os formatos fotoquímicos que existen -35 mm, 16 mm, super 8-, é especialmente coñecido polos seus rexistros documentais de distintos lugares do mundo.

Camera Obscura tamén nos presentará os experimentos e procesos do traballo do canadense Alexandre Larose. O particular carácter visual deste cineasta está marcado pola súa fomación como enxeñeiro, que fai que manipule e interveña distintos dispositivos de cine analóxico para conseguir a particular estética pictórica e impresionista da súa obra.

En poucos anos, a venezolana Valentina Alvarado foi quen de construír un personalísimo imaxinario propio, no que combina os conceptos de diáspora e identidade personal cunha constante experimentación que bebe de distintas disciplinas (instalación, collage, pintura, cerámica…). O seu traballo estará no punto de mira desta entrega de Camera Obscura, no que se estreará mundialmente o seu último traballo, Propiedades de una esfera paralela, obra creada no marco das Residencias BAICC (colaboración entre a Mostra, AC/E e o LIFT) nas instalacións do LIFT de Toronto.

R., 2020-08-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES