Notas de prensa

O Noroeste Estrella Galicia reformúlase pola COVID e volta á orixe cunha aposta polas bandas galegas

En 1986 nacía o Festival Noroeste Estrella Galicia como unha posta en valor das bandas locais. Co tempo, a cita foi ampliando fronteiras musicais ata facerse cun nome propio no panorama estatal e contar con artistas de talla internacional. Este ano marcado pola pandemia o Concello da Coruña optou por manter a cita reformulándoa cun cartel integrado por artistas galegas que, por outro lado, sempre estiveron presentes.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentaba no Pazo de María Pita o 34 Festival Noroeste Estrella Galicia esta mañá (luns 3/8/2020) xunto co, concelleiro de Festas e Turismo, Juan Ignacio Borrego, o director de Asuntos Corporativos de Corporación Hijos de Rivera, Antonio Viejo e o programador musical, Roberto de la Iglesia. No acto estiveron tamén presentes o fillo de Nonito Pereira Revuelta (Nonito Pereira Rey), e os irmáns de Jaime Manso (Ana e Juan Manso), ambos os dous homenaxeados nesta edición na que dan nome aos dous escenarios polos que pasarán as diferentes propostas musicais que conforman o cartel.

Como Estrella Galicia, o seu principal patrocinador, o Festival Noroeste súmase á resistencia. Neste caso a proposta coruñesa é unha das citas musicais que se manteñen no verán de 2020. Cun formato reducido en canto a días e número de espectáculos, pero mantendo viva a paixón pola música contemporánea.

Neste sentido, Inés Rey, alcaldesa da Coruña, sinalaba: “Todas as propostas culturais estanse a adaptar á situación, tamén esta. Tomamos a decisión de manter esta 34 edición e reformulala cun formato reducido (XS) no que, as bandas locais e galegas que xa estaban no cartel”

Para o director de Asuntos Corporativos de Corporación Hijos de Rivera, Antonio Viejo, “Este ejercicio de adaptación del Noroeste es importantísimo para la ciudad, la cultura forma parte de la vertebración de la sociedad. Necesitamos animarnos y nada mejor que el Noroeste y pensemos que la propia idiosincrasia permite esta reinvención con este formato”.

O programador musical, Roberto de la Iglesia, destacou: “el festival ha vuelto a sus orígenes apostando por artistas nacionales y locales. Apoyamos la escena local que se encuentra en muy buena forma”.

As familias de Jaime Manso e Nonito Pereira agradeceron emocionados o xesto do Concello da Coruña : “A gratitude polo recoñecemento do Concello. Tanto Nonito como Jaime tenno máis que merecido”.

O remate da presentación contou coa actuación ao vivo do vocalista e guitarrista coruñés Pardo, que volve ao Noroeste Estrella Galicia no que xa actuou en anteriores edicións.

Dezaseis propostas musicais repartidas en dous escenarios

Serán tres días consecutivos de música, venres 7, sábado 8 e domingo 9, nos que as diferentes artistas actuarán simultaneamente nos escenarios Nonito Pereira (ubicado na Praza de María Pita) e Jaime Manso (no Parque de Santa Margarida). En total tocarán 14 bandas, completando o cartel dous vivieros musicais pensados para que a rapazada descubra ritmos, sons e historias vencelladas á música contemporánea.

Os concertos celebraranse principalmente en horario de tarde con horas de inicio marcadas de xeito simultáneo para as 20:00 e 22:30 horas nas tres xornadas. Na fin de semana haberá sesións matinais que variarán segundo o escenario das 12:30 horas ás 13:30 horas.

O listado de artistas está conformado por:
• Allova
• Ataque Escampe
• Bush Doctors
• Cloaca
• DL Blando
• Laura Lamontagne & PicoAmperio
• Moura e a Irmandade Ãrtabra
• Pardo
• Sara Sístole
• The Bo Derek’s
• Triángulo de Amor Bizarro
• Víctor Coyote
• Viuda Gómez e Hijos
• Zeltia e Irevire

Viveiros musicais:
• Javier Becerra & Carolina Rubirosa: ‘Esto es pop’
• Lydia Botana: ‘De aquí para alá’

Límite de aforo

Como acontece co resto dos espectáculos das Festas de María Pita 2020, os concertos do 34 Noroeste Estrella Galicia contarán cun aforo limitado a un máximo de 400 persoas. Todos os concertos serán de balde, pero haberá que reservar entrada previamente.

A expedición das entradas que concederán acceso aos shows, será a través dunha plataforma dixital accesible na web do festival (www.festivalnoroeste.com) e tamén na URL https://corunacultura.sacatuentrada.es/. Para promover a ausencia de papel facilitarase ao público un código QR que poderán amosar á súa chegada ao recinto a través do seu terminal móbil.

Este espazo en liña de expedición de entradas está compartido co resto de eventos das festas da cidade e rexirán as mesmas normas. É dicir, cada persoa so poderá reservar un máximo de dúas localidades por espectáculo. As entradas serán nominais polo que haberá que facilitar os datos de ambas as dúas persoas que deberán identificarse ao chegar ao recinto. Búscase evitar aglomeracións e garantir que non se supera o aforo permitido, así como para ter identificadas ás persoas do público por motivos sanitarios de prevención da COVID-19.

Cada día as 10:00 h ábrese a taquilla virtual para facerse gratuitamente coas entradas dos eventos que terán lugar dous días despois. Así, as entradas dos concertos do venres estarán disponibles a esa hora o mércores 5; as do sábado o xoves 6; e as do domingo o venres 7.

Protocolo COVID

As portas para cada espectáculo abriranse 30 minutos antes do inicio do mesmo. Logo de cada un dos concertos, os espazos baleiranse para proceder á hixenización do mobiliario entre as montaxes. Nos accesos haberá xel hidroalcólico. Os asistentes aos espectáculos teñen que levar sempre posta máscara (salvo presentación de xustificante que acredite estar exento de levala).

Os recintos contan cun dobre perímetro de seguridade, sinalética nos accesos e asentos separados entre si 1,5 mts. para respectar a distancia social. Un equipo de acomodación situará ao público nas localidades. As distancias entre cadeiras non poderán modificarse a excepción daquelas persoas que precisen estar acompañadas por un motivo xustificado como a mobilidade reducida (haberá espazo reservado para elas).

Ao final do espectáculo deberase prestar atención ás indicacións do equipo de acomodación para evacuar o recinto.

Festival Noroeste Estrella Galicia, 2020-08-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (castelao-mirarporgalicia-02.jpg) Nun momento de auxe das intelixencias artificiais xerativas, 'Castelao. Mirar por Galicia' aposta polo emprego destas tecnoloxías para achegar a nosa historia e a nosa cultura a todo tipo de públicos, aproveitando todo o potencial das novas linguaxes, pero tamén facéndoo dun xeito ético e responsable, sen deixar de lado o necesario traballo de autor. O estudio compostelán Maxina é responsable do deseño conceptual, animación e deseño desta experiencia, baixo a dirección artística de Carlos Seijo, mais son numerosas as empresas galegas que forman parte deste proxecto, entre as que se atopa o Laboratorio Numax, ao cargo do deseño gráfico en sala; a produtora audiovisual Miramemira, responsable dos audiovisuais; MADA producións, que se ocupou da accesibilidade; Daexga, que se encargou do transporte e montaxe, e Vifer, de cuxa autoría é a instalación de gráfica.
Foto de la tercera plana (fisterra-experience-2025.jpg) Música, territorio e natureza son os eixos fundamentais do Fisterra Experience, unha singular cita musical que regresa esta fin de semana á vila mariñeira de Fisterra co apoio dos Concertos do Xacobeo para celebrar a súa segunda edición os días 27, 28 e 29 de xuño. Fisterra Experience busca achegarse á arte dun modo cercano, ofrecendo experiencias únicas e inspiradoras. O festival explora as posibilidades que ofrecen o territorio e a natureza de Fisterra, desde unha ollada sostible e comunitaria. Entre as bandas e artistas destacados do seu cartel, danse cita nomes como Baiuca, Mondra, Helena Egea, Sabela & The Heartbreakers, A Pedreira e Andhrea & The Blacks Cats, entre moitos outros. Deste modo, o Fisterra Experience renace neste 2025 para ofrecer unha experiencia musical cualitativa que vai da electrónica ao soul, do pop ao jazz e a nova música tradicional, entre outros sons, nunha contorna única.

Notas

Este venres día 27 de xuño, o Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña acollerá a visita do prestixioso investigador Bradley Moore, profesor da Scripps Institution of Oceanography da Universidade de California, San Diego. Esta visita enmárcase dentro da estratexia de internacionalización de transferencia de coñecemento do centro, e conta co apoio da Rede CIGUS, a cal integra a aqueles centros cuxa calidade e impacto de investigación foi acreditada pola Xunta de Galicia.
O pasado mes de abril presentouse no campus de Ourense o proxecto Axenda 2030. Plan de localización dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en oito municipios do rural ourensán. Nel participan os concellos de San Xoán de Río, Taboadela, Oímbra, Larouco, A Teixeira, Vilariño de Conso, Esgos e Porqueira e profesorado da Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo. Este xoves os seus membros volveron ao campus para deseñar as súas follas de ruta para a implementación das accións deseñadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES