Archivo (8 del 2020)

Buscador

Noticias

No escenario excepcional da praia de Pantín, o certame celebra a súa 33 edición ata o día 23 de agosto atraendo a un importante número de profesionais de alto nivel e os datos sobresaíntes a nivel de competición e de asistencia de anos anteriores repercuten de xeito directo non só no concello de Valdoviño, senón en todos os concellos de Ferrolterra e na imaxe de Galicia o que contribúe a internacionalizar e a posicionar a nosa terra no exterior.
Entre os proxectos que se veñen de aprobar, destacan os apoios destinados á optimización da produción e cadea loxística; a preparación de procesos certificables; o asesoramento para o relanzamento comercial; o deseño de estratexias de márketing de contidos e o apoio das tecnoloxías da información e a comunicación para a adopción de xestión empresarial en mobilidade; ou o asesoramento para o financiamento da innovación e o deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
As chuvias rexistradas na semana pasada e na actual indican un cambio de tendencia tanto a nivel meteorolóxico como hidrolóxico, especialmente nos ríos daquelas bacías que estaban en estado de prealerta. Cómpre lembrar que en xullo declarouse a situación de prealerta por seca hidrolóxica na comarca de Ortegal e na Mariña lucense.
O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), vén de patentar un sistema innovador para a multiplicación de semente en ambientes controlados. Este modelo, único en España, ofrece unha maior efectividade no proceso, que permitiu ata o de agora a multiplicación de mais de 100 poboacións naturais de especies pratenses e de cereais de inverno.
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), organizada por Museo do Pobo Galego, presentou hoxe a programación da súa décimo quinta edición, que finalmente terá lugar do 25 ao 29 de agosto tras o seu adiamento o pasado mes de marzo uns días antes da declaración do estado de alarma. Preséntase agora nun novo formato mixto, adaptado á situación, na que combina proxeccións e actividades paralelas tanto presenciais como en liña.
A USC volve situarse un ano máis entre as 500 mellores universidades do mundo, segundo a clasificación elaborada polo Academic Ranking of World Universities (ARWU), tamén recoñecido popularmente como ránking de Shangai. A institución compostelá atópase no intervalo 401-500 das mellores universidades do mundo e no 10-13 das mellores de España, país do que o ránking destaca un total de 40 institucións.
O equipo do filme Cuñados, primeira longametraxe de ficción da produtora galega Portocabo, presentou o inicio da súa rodaxe, que dará comezo a semana que vén e se desenvolverá integramente na cidade de Ourense e noutros puntos da provincia. A Xunta de Galicia cofinancia a película cunha achega de preto de 260.000 euros.
O venres retiráronse dos corredores do Pazo de San Marcos os cadros dos presidentes da Deputación de Lugo nomeados durante a ditadura de Primo de Rivera e tras o levantamento militar do 1936 e a posterior ditadura.
A MICE, que se celebrará do 25 ao 29 de agosto en Santiago, estreará o documental Dorothé na vila de Alejandro Gándara e Olaia Tubío, premio Luisa Villalta da Deputación da Coruña. A mostra incorpora o cinema ao aire libre, para gozar de filmes no Parque de Bonaval, no que se poderá ver Xoves de comadres de Noemí Chantada ou Las cinéphilas da arxentina María Álvarez.
As reservas dos grupos Cero negativo e A positivo presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón de sangue. Desde ADOS convídase a continuar amosando neste período vacacional o carácter solidario dos cidadáns de Galicia para incrementar o numero de doazóns de sangue durante este mes de agosto, así como no resto do período estival.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (118)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES