Notas de prensa

O programa ReAcciona apoia máis de 260 proxectos para mellorar a competitividade das pemes galegas

Entre os proxectos que se veñen de aprobar, destacan os apoios destinados á optimización da produción e cadea loxística; a preparación de procesos certificables; o asesoramento para o relanzamento comercial; o deseño de estratexias de márketing de contidos e o apoio das tecnoloxías da información e a comunicación para a adopción de xestión empresarial en mobilidade; ou o asesoramento para o financiamento da innovación e o deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) as axudas concedidas dentro da primeira convocatoria para este ano do programa ReAcciona, que permitirán mobilizar 1,3 millóns de euros en 262 proxectos para mellorar a competitividade das pemes galegas. Os beneficiarios accederán a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos en ámbitos como a reorganización estratéxica e operativa dos seus negocios, a profesionalización, a dixitalización e, como novidade este ano, a innovación.

Entre os proxectos que se veñen de aprobar, destacan os apoios destinados á optimización da produción e cadea loxística; a preparación de procesos certificables; o asesoramento para o relanzamento comercial; o deseño de estratexias de márketing de contidos e o apoio das tecnoloxías da información e a comunicación para a adopción de xestión empresarial en mobilidade; ou o asesoramento para o financiamento da innovación e o deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores. Tamén se prestarán servizos de asesoramento para o relanzamento comercial, plans de mellora empresarial, xestión financeira ou análise do potencial competitivo, entre outros. Por sectores, un 35% dos servizos aprobados desenvolveranse no sector servizos; un 25% na industria, un 24% no comercio e a hostelería, un 11% na construción e un 4% no ámbito do transporte e comunicacións.

As pequenas e medianas empresas que desexen participar no programa ReAcciona, que busca achegar as respostas que precisa o tecido empresarial no novo contexto da covid-19, poden solicitalo a través das diferentes convocatorias previstas ata final de ano. Así, despois da primeira convocatoria, cuxa resolución se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, nestes momentos está en marcha unha nova que estará aberta ata o 17 de setembro. Posteriormente abriranse outras dúas convocatorias: do 21 de setembro ao 5 de novembro e do 9 de novembro ao 28 de decembro.

Na iniciativa colaboran a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Axencia Galega de Innovación (Gain) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e conta co cofinanciamento do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. O programa ReAcciona, que conta nesta edición cun orzamento de 4,2 millóns de euros, enmárcase no Igape Responde, unha ferramenta que busca reforzar os servizos de acompañamento aos colectivos empresariais máis vulnerables ante a actual situación.

Programa ReAcciona, 2020-08-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES