Notas de prensa

Portocabo inicia en Ourense a rodaxe do filme 'Cuñados'

O equipo do filme Cuñados, primeira longametraxe de ficción da produtora galega Portocabo, presentou o inicio da súa rodaxe, que dará comezo a semana que vén e se desenvolverá integramente na cidade de Ourense e noutros puntos da provincia. A Xunta de Galicia cofinancia a película cunha achega de preto de 260.000 euros.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, acompañou o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, e o equipo de Cuñados no acto cos medios de comunicación, onde fixo fincapé nesta liña anual de apoio do Goberno galego ao noso audiovisual. Neste sentido, explicou que o Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico facilítalles ás produtoras unha serie de ferramentas para enfrontar os efectos económicos da crise sanitaria, como as modificacións nas bases das axudas encamiñadas a ampliar prazos e a dotar as empresas de liquidez a través da flexibilización dos pagamentos anticipados, entre outras.

Aposta polos profesionais galegos

Sutil felicitou a Portocabo por manter a súa aposta polos profesionais galegos, tanto a nivel artístico como técnico, ademais de por esta primeira incursión no ámbito das longametraxes cinematográficas de ficción, que tamén vén avalada pola súa selección na segunda mesa de valoración de cine de RTVE. Conta, así mesmo, coa participación de TVG e a colaboración da Deputación de Ourense.

Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez son o trío protagonista desta comedia costumbrista e familiar sobre as peripecias disparatadas e criminais de tres cuñados, na que tamén actúan Iolanda Muíños, Eva Fernández e María Vázquez. O filme supón, igualmente, o salto á longametraxe do seu realizador, Toño López, tras dirixir destacadas series internacionais como Miracle Tunes ou Auga Seca, tamén con Portocabo á fronte da produción.

No equipo técnico, figuran outros coñecidos nomes do noso audiovisual como Alfonso Blanco (produción executiva), Araceli Gonda (guión), Santi Jul (música), Ana Míguez (dirección de produción), Jaime Pérez (dirección de fotografía), Lu Rodríguez (montaxe), Andrea Pozo (dirección artística) e Saturna (vestiario).

Con Cuñados, Portocabo volve escoller a provincia de Ourense como escenario, despois de rodar aquí a serie galego-portuguesa Vidago Palace, tamén con subvención da Xunta ao igual que Auga seca. Tras a súa emisión na TVG e RTP, Vidago Palace pode verse xa en HBO Portugal e chegará proximamente ao catálogo HBO España.

Xunta de Galicia, 2020-08-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES