
O Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo esta mesma mañá unha xuntanza por videoconferencia co Secretario de Estado da Saúde do Ministerio de Saúde de Portugal, António Sales. O obxectivo desta reunión foi o de establecer unha colaboración para intercambiar información sobre a evolución da situación epidemiolóxica por mor da covid-19, tanto en Galicia como en Portugal. Deste xeito, a comunidade autónoma galega facilitará datos correspondentes as súas áreas sanitarias, mentras que Portugal fará o propio coa información das súas rexións.
Este intercambio de información enmárcase no espíritu de colaboración que tradicionalmente manteñen Galicia e Portugal e que cobra agora unha especial relevancia por mor da loita contra a pandemia mundial da covid-19. Dada a estreita relación entre ambos territorios e o continuo tránsito de viaxeiros a un lado e outro da fronteira, o coñecemento mutuo das respectivas situacións epidemiolóxicas será unha ferramenta mais para adoptar con maior rapidez as medidas sanitarias máis axeitadas para combater a pandemia.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.