Archivo (8 del 2020)

Buscador

Noticias

Os próximos 1, 2 e 3 de setembro a Universidade da Coruña acolle, de forma virtual debido á pandemia da COVID-19, o 35º Congreso Internacional de Arquitectura e Deseño Urbano Sustentables (máis coñecido polo acrónimo “PLEA-Passive and Low Energy Architecture”), organizado por un comité de docentes da Escola Técnica Superior de Arquitectura e da Facultade de Economía e Empresa coordinado polo profesor Jorge Rodríguez Álvarez.
Máis de 5.300 persoas visitaron este verán o espazo informativo móbil Galicia destino seguro incluído na campaña de concienciación coa que a Xunta de Galicia promoveu desde xullo un turismo seguro en 23 localidades galegas. Desde esta unidade móbil, que recibiu unha media de 215 visitantes diarios e funcionou como oficina de turismo itinerante, informouse aos viaxeiros e aos propios galegos dos recursos turísticos dispoñibles na nosa Comunidade e a potencialidade de Galicia como destino seguro.
Play-Doc, Festival Internacional de Cinema de Tui, que se celebrará do 23 ao 27 de setembro, presenta en rigorosa estrea española os títulos que conforman a súa sección oficial. Cinco filmes procedentes de Chile, Arxentina, Bélxica e Portugal, que se poderán ver por primeira vez en España despois dun percorrido exitoso por algúns dos principais festivais internacionais. Play-Doc deseña a súa programación presentando primeiras obras de cineastas emerxentes ede realizadores xa consagrados.
Nomes tan coñecidos como Xoel López, Luar na Lubre, Novedades Carminha, Susana Seivane, Mercedes Peón ou Triángulo de Amor Bizarro comparten programa con artistas que están a despuntar no panorama musical galego, como High Paw & Elephant Yards, Xoana, Blanco Palamera, Faia, Boyanka Kostova, Laura LaMontagne ou Pauliña, entre moitos outros. Este espazo musical desenvolverase ao longo de 50 programas duns 40 minutos de duración.
O “Mondial des Vins Extremes”, o certame internacional máis importante no ámbito da viticultura de montaña ou viticultura heroica, que organiza o CERVIM no Val italiano de Aosta chega á súa cita anual. Tradicionalmente este certame desenvolvíase no mes de xullo, nesta ocasión a pandemia do coronavirus fixo que o Mondial des Vins Extremes pospoña a súa celebración unhas semanas e terá lugar entre o 27 e o 29 de agosto.
O Concello de Ourense incorporará en setembro os tres primeiros enxeñeiros informáticos do novo Centro de Intelixencia Artificial. Así o anunciou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen reitera a súa aposta por un proxecto “clave” para o futuro da cidade. Os tres técnicos acompañarán ao director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial, David Olivieri, para avanzar na posta en marcha do proxecto.
A Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións afondará no impacto que a pandemia da COVID-19 está a orixinar na ruta xacobea. A USC acaba de impulsar, ao abeiro da II Convocatoria de Proxectos de Investigación dous proxectos de investigación que se centrarán no influxo que a crise sanitaria está a ter na capacidade de carga turística do Camiño Francés, e no perfil do peregrino, pola outra. No marco desta convocatoria, tamén se creará a base de datos de recursos académicos, científicos e didácticos ‘Rede Xacobea’.
O consumo medio de alcol en todo o territorio español ao ano é de 5,7 litros de etanol puro por cada habitante maior de 15 anos. Esta é unha das conclusións á que acaba de chegar a Rede Española de Análises de Augas Residuais con Fines Epidemiolóxicos (ESAR-Net), coordinada pola USC, logo de analizar as augas residuais de dezasete depuradoras, correspondentes a trece cidades españolas, o que abarca algo máis de seis millóns de habitantes.
Rendeuse homenaxe en Guitiriz a Ricardo Carballo Calero, abríndose a exposición 'Don Ricardo de Fingoi', dentro dos actos do Festival de Pardiñas, que organiza a Asociación Cultural Xermolos. Na inauguración interviñeron a Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira; o Presidente da Asociación Xermolos e da Irmandade Manuel María, Alfonso Blanco Torrado; o Presidente do Instituto de Estudos Chairegos, Manuel Castro Santamariña, e o xornalista Xulio Xiz, que falou sobre os quince anos lucenses do profesor.
Dentro do ámbito da clínica forense, o Instituto realizou durante o ano pasado un total de 23.398 informes periciais: médicos, psicolóxicos e sociais. A maioría corresponderon á pericia médico-forense (19.564), seguida da psicolóxica (2.108) e da de traballo social (1.726). Como en anos anteriores, na pericia médica as valoracións máis demandadas foron as relacionadas con lesións, cun total de 8.011; e as de valoración psiquiátrica (incapacidade, internamento ou drogadicción, entre outras), con 7.588.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES