
O director xeral de xustiza, Juan José MartÃn, e a directora do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), Beatriz Otero, presentaron hoxe en rolda de prensa o balance de actividade do Imelga durante o ano 2019, tanto no ámbito da clÃnica forense -que abarca as pericias demandadas polas autoridades xudiciais- como no de patoloxÃa forense -que se dedica a investigación das causas e circunstancias da morte-. A memoria pode consultarse na web da Xunta.
AsÃ, dentro do ámbito da clÃnica forense, o Instituto realizou durante o ano pasado un total de 23.398 informes periciais: médicos, psicolóxicos e sociais. A maiorÃa corresponderon á pericia médico-forense (19.564), seguida da psicolóxica (2.108) e da de traballo social (1.726).
Como en anos anteriores, na pericia médica as valoracións máis demandadas foron as relacionadas con lesións, cun total de 8.011; e as de valoración psiquiátrica (incapacidade, internamento ou drogadicción, entre outras), con 7.588.
No caso dos psicólogos e traballadores sociais, a pericia conxunta -como equipo psicosocial- segue a ser a actividade máis solicitada (ao redor de 1.400 pericias). AÃnda asà a pericia psicolóxica e social no ámbito penal segue amentando cada ano.
Cómpre destacar tamén o traballo realizado polas unidades de valoración integral de violencia de xénero, que están integradas por un médico forense, un traballador social e un psicólogo. Durante o ano 2019 realizaron 243 intervencións.
PatoloxÃa forense
Como se indicaba anteriormente, o servizo de PatoloxÃa Forense encárgase de todas as pericias que teñen por obxecto coñecer a causa e circunstancias da morte nos casos de morte violenta ou sospeitosa de criminalidade. En 2019 a súa actividade incrementouse lixeiramente con respecto ao 2018. AsÃ, en 2019 os médicos e auxiliares do Imelga realizaron 2.008 autopsias, fronte ás 1.972 de 2018. Deste total, 1.074 foron por morte natural e 934 por morte violenta.
Un ano máis, no caso das mortes naturais, a patoloxÃa máis numerosa foi a cardiovascular, que supuxo o 74% do total. Nestes casos a morte preséntase de forma súbita, en persoas sanas, polo que en moitas ocasións derÃvanse á investigación xudicial aÃnda que non haxa sospeita de criminalidade. A continuación, e con moita diferenza, sitúanse outras causas como patoloxÃas respiratorias ou dixestivas.
En canto ás mortes violentas, as máis frecuentes foron as accidentais con 599 casos, que supuxeron o 64% dos casos. A maiorÃa das mortes accidentais foron causadas por traumatismos de distinto tipo, fundamentalmente por caÃdas fortuÃtas ou accidentes de tráfico. Logo das mortes accidentais, seguiron en importancia os suicidios, con 318 casos, un 10,4% máis que en 2018, aÃnda que supón tamén a segunda mellor cifra desde 2012. E, por último, sitúanse os homicidios, con 17 casos. Cómpre destacar que, neste último punto, rexistrouse un importante incremento con respecto a 2018: houbo 8 homicidios máis, aÃnda que hai que ter en conta que en 2018 tÃñase rexistrado a cifra máis baixa de homicidios dos últimos oito anos.
VÃtimas de accidentes de tráfico
O IMELGA realiza un estudo especÃfico das vÃtimas mortais en accidente de tráfico. En 2019 foron un total de 131 persoas, o que supón un descenso do 5% con respecto aos datos rexistrados en 2018.
Segundo os datos, as vÃtimas máis numerosas continúan sendo homes (67,17%), fronte ás mulleres (32,8%). Con todo, a porcentaxe de mulleres vÃtimas de accidente de tráfico aumenta con respecto ao 2018 e sitúase por primeira vez desde 2015 por riba do 30%.
A diferencia entre sexos non se limita tan só á cifra, senón que tamén se traslada aos tipos do sinistro: a maiorÃa das mulleres faleceron por causa de atropelos ou circulaban como ocupantes, xa que as condutoras foron só o 25,5% das falecidas. Pola contra, o 60,2% dos homes falecidos eran condutores. Por idade, a mortalidade en accidentes de tráfico aumentou no grupo de entre 15 e 20 anos e de xeito moi importante entre os 75 e os 84 anos.
En canto á modalidade do accidente, a saÃda da vÃa e a colisión entre vehÃculos foron as causas máis frecuentes, ao igual que en anos anteriores. Ademais, atopouse alcohol ou drogas en 24 dos falecidos: 23 homes e só unha muller.
Colaboración co Sergas durante o Estado de Alarma
Durante a rolda de prensa, a directora do Imelga fixo tamén referencia a que este ano 2020, durante o confinamento e o Estado de Alarma, os médicos forenses do Instituto colaboraron co Sergas para axudar na certificación de mortes naturais no domicilio e liberar asà dunha parte do traballo a atención primaria. En concreto, esta colaboración estendeuse desde o 6 de abril ata o 17 de maio, cando se reactivou a xustiza. Durante este perÃodo, o Imelga certificou 367 mortes no domicilio, por distintas patoloxÃas. Ademais, seguiu desenvolvendo as súas funcións habituais coa atención ás mortes xudicializadas, que ascenderon a 134 neste perÃodo de tempo.
O Imelga
O Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) concentra a pericia pública oficial médico-legal, de psicoloxÃa e de traballo social forense. Dispón de sete subdireccións: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela. Entre o seu persoal, conta con médicos forenses, psicólogos, traballadores sociais, funcionarios administrativos e auxiliares de autopsia.
O virus respiratorio sincitial (VRS) continúa a aumentar a súa taxa de positividade e superou o 8 % na semana 2 do ano (do 5 ao 11 de xaneiro), segundo se recolle no informe semanal de seguimento deste virus que publica a ConsellerÃa de Sanidade. Nesta última semana, obsérvase un descenso na taxa de consultas en atención primaria por bronquiolite en menores de dous anos, en concreto, diminuÃu nun 18,2 % con respecto á semana previa. En canto a hospitalizacións, rexistráronse dous ingresos na última semana na cohorte de nados entre abril e setembro de 2025 e unha hospitalización dun lactante menor de dous meses, que están a pasar a súa primeira onda do VRS.
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a orde do 30 de decembro de 2025 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, as persoas adestradoras ou técnicas, xuÃzas e árbitras recoñecidas de alto nivel, e se relacionan as solicitudes desestimadas e a súa causa. Con estas novas 158 incorporacións, o número total de deportistas galegos e galegas recoñecidos e recoñecidas segue batendo récords e chega xa a 1.773, sendo 740 mulleres (42%) e 1.033 homes (58%). Entre os deportistas recoñecidos destacan o loitador José Cuba, 20 veces campión de España; o xogador de balonmán David FaÃlde, subcampión do Mundo sub19; as padexeiras EstefanÃa Fernández e LucÃa Val, campioas do Mundo no K4 500 ou o golfista Ignacio Mateo, clasificado para o Open de España.