
Contouse coa atención de profesionais da información turÃstica e difundiuse o destino, poñendo en valor recursos como o Camiño de Santiago, a paisaxe, a natureza, a enogastronomÃa ou o patrimonio cultural.
A iniciativa deu comezo en xullo en Santiago de Compostela e continuou por algúns dos principais destinos turÃsticos galegos, urbanos, de costa e tamén de interior. Formaron parte do percorrido zonas como Ferrol, A Coruña, Ribeira, Betanzos, Rianxo, Lugo, Monforte de Lemos, Sarria e Viveiro, Ourense, O Carballiño, Pontevedra e Poio. Nas últimas semanas estivo no Salnés, con Sanxenxo, O Grove, Cambados e VilagarcÃa de Arousa como parte do seu percorrido, asà como en Cangas, Vigo ou Nigrán. As últimas paradas foron Baiona, onte sábado, para rematar hoxe en Tui.
Plan de Reactivación
Esta campaña itinerante enmárcase na baterÃa de medidas postas en marcha pola Xunta para ofrecer seguridade e protección aos viaxeiros, traballadores e galegos no actual escenario e forma parte do Plan de Reactivación do sector cultural e turÃstico.
Para o sector profesional, o Goberno autonómico está a actuar en catro ámbitos: a información, coa publicación e posta a disposición de materiais con recomendacións e medidas preventivas en materia hixiénico-sanitaria; a formación, a través de diferentes cursos gratuÃtos e certificables, o asesoramento e o financiamento para que empresas e profesionais do sector turÃstico se adapten en materia de seguridade sanitaria.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.