Notas de prensa

O Concello de Ourense incorporará en setembro os primeiros enxeñeiros do Centro de Intelixencia Artificial

O Concello de Ourense incorporará en setembro os tres primeiros enxeñeiros informáticos do novo Centro de Intelixencia Artificial. Así o anunciou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen reitera a súa aposta por un proxecto “clave” para o futuro da cidade. Os tres técnicos acompañarán ao director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial, David Olivieri, para avanzar na posta en marcha do proxecto.

A eles uniranse trinta técnicos máis que o Concello prevéñe incorporar ao centro antes de que reamte o ano. “Queremos ser os mellores de España con este Centro de Intelixencia Artificial, unha disciplina pola que desde hai tempo apostamos como partido político de forma pioneira e que agora estamos facendo realidade”, explica o alcalde

A este respecto, subliña o rexedor, “temos unhas instalacións espectaculares, que son as de La Molinera, que estaban mal utilizadas e agora as estamos reconvertendo e temos traballando desde hai semanas como director do centro un dos mellores científicos deste país, David Olivieri”.

O día 15 de setembro incorporaranse os tres primeiros enxeñeiros informáticos que acompañarán a Olivieri na posta en marcha do centro. A eles se unirán outros trinta, a través dunha convocatoria que o Concello prevé lanzar no mes de outubro, coa finalidade de que os técnicos elixidos se incoporen ao centro no mes de decembro.

Os tres primeiros técnicos incorporaranse ao Concello como persoal eventual de confianza do alcalde. A este respecto, explica o rexedor: “dixen moitas veces que o persoal de confianza da Alcaldía non é estritamente asesoría, senón que fai diversos traballos, por iso quixemos contratar técnicos, neste caso enxeñeiros informáticos”. Con eles, o goberno municipal quere impulsar o proxecto que considera estratéxico para o futuro da cidade e que pretende axilizar para que canto antes sexa realidade.

Concello de Ourense, 2020-08-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES