Archivo (6 del 2020)

Buscador

Noticias

O festival de artes escénicas USCénica 2020 bota a andar este mércores 1 de xullo e estenderase ata o vindeiro día 18. A primeira das representacións teatrais, ‘Os cans non comprenden a Kandinsky’, correrá a cargo da compañía AveLina Pérez e terá lugar na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño a partir das 20.30 horas. O concerto de jazz a cargo de Pablo Sanmamed Trío, a partir das 21.45 horas, na terraza do auditorio da Universidade, completa a programación desta xornada inaugural.
A conselleira de Educación e o director de FEUGA clausuraron a segunda edición do programa formativo en Xestión Estratéxica e Operativa dos Centros e Unidades de Investigación de Excelencia (GESCI-GOSCI), que contou coa intervención por videoconferencia como poñente invitado de Daniel Zajfman, director do Instituto Weizmann e recoñecido científico titular da cátedra de Astrofísica Simon Weinstock, e do director do programa e director da Rede CECA de Cataluña, Lluis Rovira.
La Asociación Castaño y Nogal elevó el pasado 23 de junio un informe al Grupo de Trabajo sobre “Reactivación Económica” del Congreso de los Diputados con la identificación de 12 problemas y 18 propuestas integradasque serán remitidas a los grupos parlamentarios que componen la Comisión. El documento ya fue publicado en la web del Congreso y puede consultarse en el enlace https://bit.ly/2Yq1t75.
A Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 312, deles 71 son da área da Coruña, 44 da de Lugo, 22 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 131 da de Vigo, 24 da de Santiago e 11 da de Ferrol. Do total de positivos, 4 están en hospitalización e 308 no domicilio. Non hai positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.615 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. As PCR realizadas son 179.717.
Neste encontro on-line sobre mulleres autónomas e emprendemento, que se vai celebrar este venres, 26 de xullo, ás 10 h, van intervir o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca. Na videoconferencia, os participantes poderán coñecer as experiencias de catro mulleres emprendedoras. Mulleres protagonistas é unha iniciativa da Xunta que reúne a mulleres de distintos sectores en diálogo aberto coa Administración para escoitar propostas e realizar unha posta en común sobre os retos e dificultades do colectivo.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de publicar no DOG a oferta de Formación Profesional para o curso 2020/2021, na que se consolida a FP Dual. Nesta modalidade ábrese matrícula en 56 destes proxectos, entre eles o de grao superior en Termalismo e Benestar, que se implantará no CIFP A Farixa. Trátase dun título deseñado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a petición de Galicia, que se implanta por primeira vez na Comunidade galega e nunha zona con tradición neste sector, Ourense.
Este dato refírese ás 2.354 prazas en 97 especialidades diferentes convocadas para os corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño, de profesores técnicos de formación profesional, e de inspectores de educación. O procedemento selectivo celebrarase en 2021.
Coincidindo coa súa onomástica e máis co cabodano do seu pasamento, este mércores estreará nova ubicación na Praza Maior de Lugo o busto adicado a Xoan Montes Capón, que despois de estar inicialmente na parte baixa de Santo Domingo, pasou décadas na Praza de San Roque, e agora ven para a Praza Maior, por iniciativa de diversos colectivos lucenses e do Concello de Lugo.
‘Matinais clásicas’ propón unha viaxe desde o clasicismo de Mozart á música contemporánea galega de Joam Trillo, pasando por Crussel, Schubert ou Soutullo. Os concertos serán de balde, previa retirada de convite a través de Ataquilla.com, e o número de asistentes limitarase a un máximo de 100 persoas por actuación. O ciclo pecharase o 11 de xullo pola Real Filharmonía de Galicia, que volve aos escenarios con este concerto, tralo parón obrigado pola covid-19.
A programación cultural deseñada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, xestionado pola USC e que tamén conta co apoio económico do Concello de Lugo e da Deputación Provincial de Lugo, adáptase á nova normalidade xurdida logo da pandemia causada pola COVID-19 da man de ‘Na Bocanoite’, unha proposta que fusiona as visitas guiadas e musicadas das ‘Noites na Domus’ e as actuacións de música ao vivo previstas inicialmente no ciclo ‘Lubicán’.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES