A competencia xeral do ciclo é a de xestionar servizos relacionados co termalismo e o benestar, aplicando técnicas de hidrocinesia, técnicas hidrotermais, masaxes estéticas e programas de acondicionamento físico na auga, consonte protocolos establecidos, dinamizando as actividades personalizadas programadas e orientándoas cara á mellora da calidade de vida e da saúde. O obxectivo é conseguir a satisfacción das persoas usuarias e asegurar a prestación do servizo en condicións de calidade, seguridade e protección ambiental.
Así mesmo, no IES a Pinguela de Monforte de Lemos ofértase o novo ciclo de grao medio de Calzado e complementos de moda. A súa competencia xeral é realizar as operacións de corte de peles e materiais para a ensamblaxe, a montaxe e o acabamento, de xeito industrial e á medida, de calzado estándar, ortopédico e para espectáculos, e de complementos de moda. As persoas tituladas neste ciclo poderán traballar en empresas e talleres de fabricación industrial de calzado e artigos de marroquinaría dedicadas á preparación, o corte de materiais, a ensamblaxe, a montaxe e o acabamento de calzado e complementos de moda; así como en establecementos dedicados á elaboración artesanal de calzado á medida, ortopédico e para o espectáculo.
Ademais, a oferta inclúe a implantación de 5 cursos de especialización, dirixidos a alumnado xa titulado.
A oferta de prazas, na que se poderá formalizar a matrícula a partir de hoxe mesmo, contempla 29.178 prazas en primeiro curso en centros públicos (en números moi similares ao curso anterior), en 1.188 ciclos e programas formativos autorizados. Delas, 21.412 forman parte do réxime ordinario 8371 en grao medio, 8991 en grao superior, 3510 en FP Básica e 540 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa-, mentres que outras 4.198 son do réxime modular para persoas adultas 2.118 grao medio e 2.080 en grao superior-, e 2800 do réxime modular a distancia 1.000 en grao medio e 1.800 en grao superior-.
No referido á FP Dual ofértanse un total de 768 prazas (375 en grao medio e 393 en grao superior). Así, do total dos 56 novos proxectos, na provincia da Coruña entrarán en funcionamento 22 proxectos de FP Dual, na de Lugo 12, na de Ourense 7 e na de Pontevedra 15.
Modificacións
Como é habitual, a oferta de FP flutúa para adaptarse ás necesidades do tecido produtivo e ás características da poboación de cada zona, o que supón unha oportunidade laboral para os titulados. Deste xeito, o novo mapa contempla cambios en diferentes centros, a maiores das novas incorporacións en materia de FP Dual. A relación de ciclos pode consultarse xa en www.edu.xunta.es/fp/oferta-fp .
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.