Encontro dixital este venres, dentro do ciclo 'Mulleres protagonistas'
Neste encontro on-line sobre mulleres autónomas e emprendemento, que se vai celebrar este venres, 26 de xullo, ás 10 h, van intervir o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca. Na videoconferencia, os participantes poderán coñecer as experiencias de catro mulleres emprendedoras.
Mulleres protagonistas é unha iniciativa da Xunta que reúne a mulleres de distintos sectores en diálogo aberto coa Administración para escoitar propostas e realizar unha posta en común sobre os retos e dificultades do colectivo.
Xunta de Galicia, 2020-06-25
Actualidad

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para o vindeiro 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu hoxe a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico. Na súa intervención, apuntou que a suba prevista para esta autoestrada e para a AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos e, pola contra, nas autoestradas da Xunta non houbo ningún aumento.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.
Notas
A sexta edición de Ultrafast Science and Technology Spain 2026 botou a andar este mércores 18 na USC. O foro que se estende ata o venres 20 reúne persoal investigador e empresas cuxas áreas de desenvolvemento, innovación e investigación atópanse vinculadas ao ámbito dos láseres ultrarrápidos e ás súas aplicacións na Física, a Química, a Medicina ou a Ciencia dos Materiais.
Conformado por seis estudantes de Belas Artes e unha alumna de Comunicación, o colectivo Recanto asumiu neste curso a coordinación da Sala O Abrigo, onde nestas semanas preséntanse tamén como artistas a través da mostra colectiva 'Dentro dun espazo maior'. Articulada arredor do significado da súa propia denominación, esta exposición levounos a construír o seu propio 'recanto' dentro deste espazo da Facultade de Belas Artes da UVigo.