
A conselleira Carmen Pomar lembrou que o proxecto formativo GESCI-GOSCI é unha iniciativa de cáracter estratéxico para o Goberno galego que reúne aos mellores expertos en xestión dos Centros de Investigación co obxectivo de consolidar un modelo galego propio baseado na innovación e na internacionalización. Un modelo que, en palabras de Carmen Pomar, hai que seguir enriquecendo e fortalecendo.
Impulsado en colaboración con FEUGA, este programa formativo -que é único en todo o Estado- vai dirixido a directores e investigadores dos Centros de Investigación e das Agrupacións Estratéxicas de Galicia e ten como obxectivo fortalecer a capacidade de liderado e de xestión dos centros de investigación galegos para adaptarse en contornas complexas, cambiantes e moi competitivas.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.