
As diferentes actuacións que integran o festival desenvolveranse, alén de na sala Roberto Vidal Bolaño e da terraza do auditorio, no Salón Teatro da Rúa Nova, mantendo sempre un aforo reducido. Todas as funcións serán ás 20.30 horas, mentres que os concertos desenvolveranse a partir das 21.45 horas. O programa completo do festival pode consultarse nesta ligazón. As performers Helena Salgueiro, María Roja e Iria Sobrado, ou as compañías Pisando ovos, Proxecto Cintaadhesiva, Borja Fernández, Incendiaria, Butaca Zero, A quinta do cuadrante, Kirenia Danza ou Compañía IO nutren a oferta deste festival de artes escénicas.
Galicia precisa da cultura
Este martes o reitor Antonio López mantivo un encontro coas compañías participantes no que quixo deixar constancia de que Galicia precisa da cultura. Na súa intervención e acompañado pola vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo, o reitor deixou patente que na USC temos a fortuna e, ao tempo, a responsabilidade de ter sido testemuñas e protagonistas de máis de cinco séculos de manifestacións culturais en Galicia e no mundo. Somos gardiáns do patrimonio cultural pero tamén axentes dinamizadores e responsables de manter a cultura viva en todas e cada unha das súas expresións".
Butaca 0
A totalidade da recadación irá destinada á asociación Banco de Alimentos de Santiago de Compostela. Neste senso, é posible adquirir unha butaca 0, o que permitirá contribuír a esta causa aínda que non se asista a ningunha función do festival. As entradas só poden retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo a partir das 19.00 horas. O acceso ás funcións programadas na terraza do Auditorio da Universidade é gratuíto ata completar aforo. O acceso ás funcións da sala de teatro Roberto Vidal Bolaño e no Salón Teatro teñen un prezo de 3 euros.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.