Archivo (6 del 2020)

Buscador

Noticias

Vintecinco tendas forman parte inicialmente da plataforma web de venta online do CCA de Foz, que foi presentada esta tarde na Casa da Cultura. As persoas interesadas en facer as súas compras a través deste formato poden visitar este centro comercial virtual en www.compraenfoz.com, onde atoparán os escaparates individuais dos negocios participantes con fotos dos produtos, con textos, etc. As tendas dispoñen de carriño da compra e realización de pedido online, entre outras posibilidades.
Mamá, papá, son heterosexual. Baixo este título e tras unha mirada seria das suas protagonistas, Nós Mesmas quere remover conciencias e reflexionar sobre a visibilidade e o respecto á diversidade afectiva, sexual e de xénero á población en xeral, utilizando o humor como ferramenta con esta campaña elaborada por Muller de 6 ollos para a asociación. O Orgullo reinventase. A crise do 2020 modificou na sociedade a forma de comunicarse, de visibilizarse e relacionarse e sen dúbida, afectou máis profundamente ás persoas xa de por si vulnerables.
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle desde mañá Wonder Women, a primeira exposición que bota a andar nesta instalación e en toda a cidade de Santiago de Compostela tras a crise da covid-19. A mostra, comisariada polo director do centro, Santiago Olmo, repasa os cambios producidos ao longo das últimas décadas no mundo da arte contemporánea a través de obras da colección do centro realizadas por artistas mulleres. Permanecerá aberta ata o próximo 6 de setembro.
Máis de 30 grupos de oito países e oito comunidades autónomas conforman a edición máis concorrida e tamén a máis internacional nos 20 anos de historia do concurso de novos talentos da música Celta. O interese por darse a coñecer no Festival de Ortigueira cara á celebración en 2021 creceu notablemente pese a non celebrarse o Festival este verán e as dificultades de reunión e gravación propias do confinamento, máis ao contrario; un total de 35 grupos enviaron a súa candidatura a ser un dos 3 finalistas.
A plataforma de micromecenado 'Sumo Valor' abriu no mes de abril unha nova liña destinada a acelerar o proceso de investigación contra a COVID-19. Dende entón, máis dun centenar de particulares, institucións e empresas de moi diversa índole quixeron tomar parte nesta iniciativa. En total logrou captar neste breve espazo de tempo, 11.745 euros que irán dirixidos a financiar cinco proxectos de investigación. Algunhas doazóns leváronse a cabo a través de iniciativas innovadoras como do Parque Náutico de Castrelo de Miño, que acolleu a actuación do músico Andrés Montes.
O sector de feiras e eventos en Galicia volve a poñerse en marcha tras meses de inactividade debido á crise sanitaria xerada polo covid-19. Faino tras a publicación das medidas de prevención aprobadas para a transición a unha nova normalidade, as cales supoñen a posibilidade de retomar esta actividade. Unha publicación que supón unha gran nova para a Asociación Galega de Feira e Eventos (Agafe), xa que marca o pistoletazo de saída dun dos sectores máis afectados pola crise do coronavirus
Mantense aberto ata o venres 25 de xuño o prazo de inscrición na quinta edición do maratón audiovisual Findecurta, un certame impulsado desde a USC ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que se desenvolverá do 26 ao 29 de xuño. O certame coordinado por Bruno Maez pretende dar resposta ás inquedanzas de novos creadores audiovisuais en galego, tanto maiores como menores de idade, ao tempo que se busca ofrecer unha plataforma para facer visible o seu traballo.
Unha investigación desenvolvida na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo da USC vén de abrir unha nova espita cara ao autoabastecemento enerxético e o aproveitamento da enerxía fotovoltaica emanada da radiación solar, un avance que vai na liña da crecente demanda de enerxía para uso doméstico e industrial e do progresivo desenvolvemento de fontes de enerxía renovables como é a solar.
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, participou esta semana nunha reunión telemática trilateral coa Comisión Europea, a unidade de apoio da Rede Europea de Zonas de Pesca (Farnet) e o Goberno central xunto ás comunidades autónomas para analizar o labor desenvolvido nos últimos meses polos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco das súas estratexias de desenvolvemento local participativo.
Afundación inaugura o museo virtual Agalería, un novo proxecto pioneiro en España, con carácter dinámico e interactivo, que ofrecerá ao visitante unha experiencia única que lle permitirá entrar non só nas obras expostas, senón no propio espazo. Agalería preséntase ante o público co proxecto expositivo 'O mar nas coleccións de Arte ABANCA e Afundación', unha mostra concibida especialmente para este museo virtual, conformada por 50 obras de 27 autores.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES